CADERNOS DA VIAXE. Case todos estamos dacordo que, na Europa actual, està a avanzar un capitalismo financeiro que tende liquidar todos os avances sociais obtidos despois de 1945 (no Estado despois do 1977) e que posibilitaron, co Welfare State e co Estado social e democrático de Dereito, a meirande liberdade e calidade de vida obtida na historia contemporànea universal. Tamèn compre recoñecer que moitos partidos socialdemócratas europeos non foron quen a parar esta onda, senòn que mesmo contribuiron à mesma, como os Blair e Zapatero de cadansùas derradeiras etapas.
Mais o recoñecemento desta indubidàbel realidade non constitùe chata ningunha para arquivar definitivamente as políticas gradualistas de transformaciòn social, de progresividade fiscal, de inclusión e cohesión social, de reformas electorais cara unha meirande transparencia e proporcionalidade, de igualdade de xènero… para adoptarmos unha táctica maximalista de todo ou nada onde se desprezan os avances transformadores co pretexto de que o que compre è facer unha revolución na que todos podemos estar dacordo contra que è, pero da que ninguèn coñece o obxectivo. Mesmo adoito se teñen presentado estas actitudes baixo fasquìa pseudocientífica, segundo teses defensoras de que xa non son posìbeis os sistemas mixtos porque a lòxica do capitalismo levarìao à liquidación de calquera concesión à integración social.
A historia moderna apréndenos que sò as sociedades cohesionadas son quèn a avanzar. Se non hai inclusión social haberà barbarie e mesmo violencia. Unha persoa oposta à integración social dos minusválidos ou à garantìa social da suficiencia enerxètica ou alimentaria da cidadanìa non è conservadora, è fascista. E o fascismo tende à liquidaciòn do sistema democràtico.
A polìtica ten que xerar soluciòns concretas e de ampla base que enfronten os problemas económicos e sociais. E mentres algùns sò consideren avanzar a medio de procesos reolucionarios non serán posìbeis alianzas sociais amplas que lle dean pulo aos procesos de transformación que garantan a cohesión social. Porque sò se pode reverter o actual proceso dende formulaciòns que se dirixan a todos ou case todos e non sò a unha parte.
Gobernar supòn decidir entre o malo e o menos malo todos os días. Non obrigar escoller entre eu e o caos.
Xoán Antón PérezLema


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



