Ribadeo, 10 de marzo de 2014. ACISA organiza o segundo concurso de fotografía con motivo da celebración do Día do Pai. As imaxes participantes poderán presentarse dende este luns 10 de marzo ó vindeiro luns 24 de marzo ás 12.00 horas. As bases do evento están colgadas no perfil de facebook Ribadeo móvese e tamén na web www.acisaribadeo.es.
Segundo explican desde ACISA “se podrán entregar un máximo de tres obras por persona, si bien tan solo podrá ser premiada una de ellas. Las fotografías tendrán que se inéditas y no pueden estar colgadas en la red, ni haber sido expuestas y no debe haber participado en otros concursos. La temática debe girar sobre el día del padre”.
As fotos en jpg serán entregadas na seguinte dirección de correo electrónico: ribadeocca@gmail.com. ACISA será a responsable de colgar por orde de recepción cada fotografía co seu título en facebook para que o público poida votalas. Un xurado formado por dous profesionais asociados: Foto Miguel e Servicios Audivisuales El Farero, e tres membros da asociación escollerán as tres mellores fotos entre as 10 máis votadas polo público.
O primeiro premio está dotado con 300 euros en vales de compra, o segundo levarase 200 euros en vales de compra, o terceiro premio recibirá 100 euros en vales de compra e o cuarto, que estará dotado con 50 en vales de compra, será para a foto máis votada en facebook.
ACISA anima “a ribadenses y visitantes a participar en este concurso de fotografía. El año pasado fue un éxito y este año esperamos incrementar la acogida y la participación”.
Entroido
Por outra parte, ACISA felicita á Comisión do Entroido: “una vez concluidos los carnavales de este 2014 el pasado sábado con la quema del Entroido queremos felicitar a los organizadores por el trabajo realizado para que Ribadeo contase un año más con esta cita. ACISA ha colaborado con la Comisión de Carnaval, al igual que ya lo hicimos en otras ocasiones. La unión de los diferentes colectivos, sectores e instituciones de Ribadeo es clave para que este municipio no pierda ninguna de sus tradiciones”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



