Santiago, 13 de mar. de 14. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, ven de manifestar o apoio do PSdeG-PSOE ás reivindicacións do sector do Cerco, “que non están a reclamar outra cousa que un reparto xusto e igualitario para todo o sector da Cornixa Cantábrica – Noroeste.
O parlamentario aproveitou para recriminar á conselleira do Mar e ao presidente galego a súa “falta de sensibilidade” co sector. “Todos podemos comprobar como o martes cinco persoas estiveron pechadas no Parlamento máis de 10 horas e non houbo interese en recibilos, e logo, no días de onte logo de telos case secuestrado dúas horas nunha sala do Parlamento, os convocan a unha reunión onde o que se buscou por parte do Goberno galego foi unha provocación”.
En rolda de prensa celebrada hoxe, Val afirmou que os socialistas “aplaudimos o o aumento de cota, esas 1.400 toneladas que se van poñer a disposición do sector”, pero advirte que “non van servir para solucionar un problema que se ven de arraigar desde hai varias semanas, porque persiste a discrepancia sobre os criterios de reparto”.
Explicou o portavoz de Pesca dos socialistas no Parlamento de Galicia que “siguen tendo un peso do 70% os criterios históricos”, polo que en estas circunstancias das 1.400 toneladas só se beneficiarían no reparto “unhas poucas embarcacións galegas que cumpren eses dereitos históricos establecidos”. O resto, unhas 120 embarcacións, só se van ver compensados nun 30%, a razón do peso dos outros criterios a ter en conta no reparto.
O deputado socialista considera que “mentres non se entre no fondo da cuestión, que é o cambio nos criterios de reparto a través da Secretaría do Mar do ministerio, non se solucionará a cuestión”.
José Ramón Val anunciou o rexistro dunha iniciativa, “onde creemos que hai camiño que andar e ferramentas para chegar a unha solucións”. Os socialistas propoñen volver sentar ao sector e negociar co Goberno uns criterios de reparto diferentes, xa que os actuais prexudican á toda a Cornixa, a excepción do Pais Vasco.
A proposición non de lei socialista insta a rexeitar a proposta de acordo trasladada ao Cerco por parte da Secretaría Xeral do Mar do Goberno do estado para o reparto de cota da xarda e do xurelo para o ano 2014, e esixir un novo reparto preferentemente lineal e no que se teñan en conta o número de tripulantes.
O portavoz de Pesca do Grupo Socialista insiste en que “hai camiño para unha solución”, consistente en que o Goberno do Estado solicite a revisión do pagamento da sanción por sobrepesca, da que responsabilizou ao Goberno popular existente daquela. Na actualidade páganse 7.000 toneladas de sobrepesca con cota da mesma especie. Sen embargo os socialistas propoñen que ou ben se pague cunha contrapartida económica ou ben con excedente doutra especie. Neste caso José Ramón Val propón a anchoa, da que temos o 90% de capturas e só consumimos o 60%, quedaría logo un 30% de excedente”.
Preguntado pola crítica a que un reparto lineal de cota prexudicaría a especies como o xurelo, Val salientou que o reparto por tripulantes beneficiaría por igual a todas as comunidades e “situaría a Pais Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia no mesmo punto de saída”. “Saímos beneficiados co xurelo, pero do que se trata é de competir en calquera pesquería en igualdade de condicións”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



