Burela, 14 de marzo de 2014. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este venres Burela. Pasou en primeiro lugar polo Concello e despois achegouse ao parque Rosalía de Castro, no que se acaban de acometer obras sufragadas pola Consellería de Presidencia, que el tamén dirixe. O alcalde, José Mª González Barcia, subliñou que a Xunta destinou a Burela durante o pasado ano máis de 1.270.000 euros.
O rexedor subliñou que “a visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a Burela ven confirmar o compromiso do goberno do presidente Alberto Núñez Feijoo ten co noso concello. E isto se refrenda coas cantidades importantes que a Xunta ten aportado a través de distintos programas so Concello de Burela durante o 2013, en total 1.270.556 euros, dos que para formación de desempregados se destinaron 502.000 euros; para contratación de persoal (socorristas, grupo municipal de intervención rápida, etc) foron máis de 117.000 euros; para a unidade de drogodependencias, que é un servizo de ámbito comarcal, 204.000 euros; e en distintas subvencións e achegas un total de 446.000 euros”. González Barcia engadiu que “dentro desta última partida están incluídos os 36.000 euros que a Consellería de Presidencia, que tamén detenta Alfonso Rueda, lle ten concedido ao Concello de Burela para o acondicionamento da zona de medianos do parque Rosalía de Castro. Son cifras realmente importantes, que o Cocnello de Burela reciba da Xunta durante o ano 2013 mais de 1.270.000 euros non é unha cifra para desprezar”.
En relación co parque Rosalía de Castro, visitado hoxe por Alfonso Rueda, o alcalde reiterou que “o retraso no remate das obras foi debido fundamentalmente a un problema de tipo técnico, xa que se requería que non chovera e que o chan estivese completamente seco para instalar o solo caucho. E esta zona do parque conta cun certificado que acredita que cumpre con todas as medidas de seguridade. Creo que é unha boa noticia que Burela conte coa primeira zona de xogos que está avalada por un certificado de seguridade”.
José Mª González Barcia amosouse convencido de que “a Xunta seguirá colaborando co noso Concello en distintos programas e en distintos ámbitos, ao igual que nos últimos anos. E nese sentido tamén estou seguro de que en próximas datas haberá anuncios de relevancia para o noso concello”.
Alfonso Rueda foi recibido no Concello e alí asinou no libro de honra. Despois trasladouse ao parque Rosalía de Castro, acompañado polo rexedor e polo concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle. O alcalde agradeceu “a visita cursada hoxe a Burela por Alfonso Rueda e o apoio que recibimos desde a Xunta ás propostas que desde aquí lles plantexamos”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



