Este venres 14 de marzo o alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, reuniuse cun nutrido número de representantes das empresas que operan no sector madeireiro, un total de 14 acudiron á cita, para abordar temas relacionados coa saca de madeira e a súa repercusión no mantemento das vías municipais.
Maseda amosou a súa preocupación polo sector, de gran importancia para o Concello do Valadouro, xa que segundo os propios operadores, no 2013 sacáronse preto de 100.000 toneladas de madeira, todo un record con respeto a anos anteriores.
Nun clima de cordialidade ambas partes amosaron interese por chegar a acordos que fagan posible a normal actividade das empresas e a conservación e mellora dos accesos ós montes dos veciños, sen que iso supoña un agravio para ningunha das partes.
Entre outros acordos dispúxose a inmediata actuación por parte das empresas para reparar os danos actuais, aproveitando a chegada do bo tempo, despois dun inverno moi duro.
O vindeiro 14 de abril reuniranse de novo para evaluar e facer un seguemento do nivel de actuacións realizadas. A partir de entón, reuniránse cada tres mess para facer un seguemento conxunto da evolución dos traballos programados, así como para traballar na mellora das infraestruturas necesarias para poder dispoñer dun sector ben artellado que o faga competitivo.
Ademais tratáronse temas coma a loita biolóxica contra as plagas da madeira, e o estudo de viais alternativos para evitar as pistas asfaltadas e os accesos a zonas habitadas, que serán posteriormente detallado nun mapa de rutas que estará a disposición de todos os operadores do sector.
Así mesmo, propúxose a implicación dos propietarios dos montes, asociacións de veciños, etc. que forman unha parte importantísima dentro do sector, de cara a calquer actuación ou decisión de futuro.
O alcalde amosou a súa satisfación polo bo discurrir da reunión, os acordos alcanzados nesta primeira xuntanza, o interese das empresas por atopar puntos de encontro e mecanismos de colaboración co Concello para o normal desenvolvemento da súa actividade.