Foz, 28 de marzo de 2014. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo este venres unha valoración negativa do pleno municipal celebrado onte porque a oposición non permitiu o pago dalgunhas facturas de provedores pendentes de 2013 nin repercutir nos usuarios a suba de Sogama polo tratamentos do lixo. O rexedor pide sensatez e responsabilidade a todos os grupos da corporación local.
“Por parte do goberno municipal facemos unha valoración negativa do pleno posto que, unha vez máis, volvemos ver que a oposición non asume a responsabilidade que ten no Concello de Foz, onde o goberno non ten maioría absoluta e a corporación ten unha maior responsabilidade na aprobación de certos asuntos importantes. Estamos a ver que nesas cuestións a oposición non apoia ao goberno e tampouco usa a abstención para que poidan saír as cousas adiante”, explicou Javier Castiñeira.
O alcalde especificou que “no día de onte en asuntos importantes como o recoñecemento extraxudicial de crédito, de 420.000 euros en facturas do ano 2013 que hai que recoñecer no 2014 para que eses provedores poidan cobrar, vimos novamente unha zancadilla. A oposición non quere aprobar certas facturas, que é certo que teñen reparos de Intervención pero son de gasto corrente normal, das que está o servizo feito e hai que pagalas. Evidentemente a orixe deste recoñecemento extraxudicial é que vimos acumulando dende diferentes anualidades recoñecementos e ademais nuns orzamentos prorrogados, posto que non se aprobaron os do ano 2013 porque a oposición tampouco quixo poñendo unha zancadilla máis, é difícil axustarse. Ademais son uns orzamentos moi limitados, moito menores que os de calquera outro concello da nosa envergadura e nunha situación complicada economicamente”.
Castiñeira engadiu que “queríamos repercutir a suba do canon de Sogama nos usuarios, que suporía arredor de 50 céntimos de euro ao mes por vivenda. Pero esa suba non a queren facer, igual que pasou coa auga e con outros servizos, e ao final vai ter que pagalo o Concello, que está asumindo gastos que non son presupostados”.
Sobre as facturas con reparos que quedaron pendentes o alcalde anunciou que vai tratar de xuntar aos portavoces da oposición na próxima semana “para que, de forma leal e sensata, vexan que se os traballos e o servizos se fixeron evidentemente hai que pagalos. Senón o único que lles queda a eses provedores é ir ao xulgado, gastar os cartos, cobrarlle xuros de demora ao Concello e atrasar moitísimo esas facturas. Polo tanto estou descontento nese sentido e sigo apelando á sensatez e responsabilidade que debe ter a corporación”.
O rexedor municipal explicou tamén que no pleno de onte “deuse conta dos resultados da liquidación da conta do ano 2013, que arroxan máis dun millón de euros en positivo, aínda que eses datos hai que collelos con pinzas porque nese millón de euros están eses 420.000 do recoñecemento extraxudicial, que habería que quitar, e algunha subvención que se deu por recoñecida e que está pendente de facer a obra no seu prazo determinado. Pero, aínda con isto, o resultados son positivos nun ano moi complexo e cuns orzamentos de gastos mínimos, que en comparación con outros concellos por habitante son moi inferiores. Esta liquidación vaise trasladar a outros organismos, o que é un trámite importante para optar novamente ao financiamento que temos doutras administracións”.
Javier Castiñeira engadiu que na sesión plenaria “aprobouse a fórmula polinómica que marca a actualización da taxa da auga e de depuración en base a un informe técnico que fixo un enxeñeiro, do que se dera conta na xunta de portavoces. Agora a corporación recoñece que esa é a fórmula que hai que utilizar e a partir de aí valoraremos cales son as débedas que hai coa empresa que xestiona o servizo, Gestagua, e veremos como vamos saldar esa débeda. Ademais na corporación trataremos de subir a taxa da auga, que debería facerse de forma progresiva pero hai un desfase dun 20 por cento que vai ter que asumir o Concello. Tiñan que telo asumido os usuarios evidentemente, pero en Foz temos o recibo da auga máis barato da Mariña pois leva dende o ano 2008 sen tocárselle aínda que no contrato estaba que subiría progresivamente. Pero non se actualizou e eses gastos van recaer novamente sobre o Concello”.
“Temos que pagar débedas e a corporación non está á altura, non axuda a aumentar os ingresos e segue ocasionando que o Concello teña máis gastos, como no recibo de Sogama, que suporá 80.000 euros máis de gasto que non están asumidos orzamentariamente. Polo tanto pido sensatez e responsabilidade por parte dunha corporación na que non hai maioría absoluta e evidentemente hai que saber que non se pode bloquear o Concello economicamente se queremos seguir dando todos os servizos que ofrecemos, pois non se quitou nin un só ata agora no noso concello. Queremos seguir así nesta etapa de dificultades económicas”, rematou o alcalde.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



