Cervo, 29 de marzo de 2014- O edil de Deportes, Luis Guillén, lamentou profundamente que o voceiro do grupo municipal do BNG, Xoán Antón Estúa, votase en contra de modernizar e mellorar o campo de fútbol municipal da Veiga. Guillén pregúntase “por que se empeña en evitar que a mocidade practique deporte en boas condicións sen depender de se chove ou vai sol, de se é verán ou inverno?”
Da mesma maneira, o edil considera que o voceiro nacionalista non é coherente coa liña de traballo do seu partido: “O BNG da Deputación, ao que o señor Estúa asesora, gastou 2,5 millóns de euros en reformar o pavillón de deportes de Ribadeo”. “Acaso está de acordo con mellorar as instalacións deportivas de Ribadeo e en contra de darlle aos veciños de Cervo un campo que permita xogar ao fútbol de forma intensiva?”, pregunta.
Da mesma maneira Guillén apoiou a actuación feita en Ribadeo, pero pídelle a Estúa “que sexa consecuente e se está a favor de gastar 2,5 millóns de euros nun pavillón dun concello que non é o seu, tamén debería estar a favor de investir 380.000 euros nunha instalación do seu concello”.
Durante o pleno, Estúa manifestouse en contra do campo de herba artificial de Cervo, mentres “a área de Deportes da Deputación financiou moitos campos de céspede sintético na Mariña”.
Para o edil, a postura do BNG de Cervo é incompresible. Guillén explica que “nos últimos anos estivemos facendo moitos traballos de mantemento no campo, que nos levaban a gastar continuamente e, aínda así, o campo nunca estaba en perfectas condicións”. “Vostede, como asesor do BNG na Deputación e polo tanto, da área de Deportes, debería saber que nunha zona húmida e con abundantes chuvias é case imposible manter un campo en condicións óptimas”. O novo campo permitirá polo tanto un importante aforro en custos de mantemento.
Guillén lembra tamén que os 380.000 euros que Cervo vai destinar a remodelar o campo de fútbol proveñen do remanente de tesourería, é dicir, dos cartos que sobraron doutros exercicios e que teñen que ver “cunha boa xestión económica e financeira nestes últimos anos”, engade.
Da mesma maneira, o edil lembra que “o Estado só permite aos concellos aproveitar os cartos do remanente de tesourería para investimentos que supoñan un aforro económico para o Concello. Uns investimentos que teñen que cumprir unha serie de requisitos. Polo tanto, estes cartos non se poden destinar a gasto social, nin a gasto corrente. Só a investimentos”.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



