A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada polo Alcalde do Concello de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, e o 2º Tenente de Alcalde, José García Freije, supervisou este martes o desenvolvemento dos traballos de implantación do Plan Enerxético Provincial neste Concello. Logo de que os técnicos provinciais revisaran a Casa Consistorial, o Centro Sociocultural e o alumeado público da localidade, estes realizaron unha auditoría técnica que aconsellaba a instalación de elementos de aforro enerxético, traballos estes que agora rematan.
Coa implantación deste Plan Enerxético, o Concello poderá reducir os seus gastos correntes durante este ano en 41.000 euros, xa que ós 10.000 euros do prezo de mercado das auditorías realizadas de xeito gratuíto polos técnicos da Axencia Provincial da Enerxía, hai que sumar os 26.263 que a Deputación destinou á compra do novo equipamento enerxético e os 4.800 euros que se reducirán na factura anual da luz do Concello.
Durante a visita, na que tamén estiveron os técnicos provinciais para comprobar as actuacións realizadas ó abeiro deste programa, Méndez destacou que á redución dos gastos para as arcas municipais, hai que sumar “o beneficio medioambiental, xa que tamén supón unha redución de 6,4 toneladas de CO2 ó ano, equivalente á plantación de 320 árbores, ó consumo de 26 barrís de petróleo ou ó gasto eléctrico anual de 5 familias do Concello”. A Vicepresidenta destacou que os gastos en electricidade poden supoñer ata o 90% da factura enerxética dun Concello e o 15% do seu orzamento total.
Tras realizar a auditoría previa, os técnicos provinciais aconsellaron a instalación de 273 novos compoñentes -57 na Casa Consistorial; 41 no Centro Sociocultural e 175 no alumeado público-, entre lámpadas de baixo consumo; válvulas termostáticas; termostatos programadores inhalámbricos, descargadores de sobretensión ou reloxos astronómicos.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



