A Liga Prebenxamín de Fútbol Sala da Mariña, organizada pola Fundación Imdecum, despediuse da súa primeira tempada, cun torneo o sábado pasado en Burela. Os pavillóns Monte Castelo e Vista Alegre acolleron os encontros de Prebenxamín 1 e Prebenxamín 2 na xornada matinal. Na clausura, fixeron entrega de trofeos e medallas para todos os participantes o presidente de Imdecum, Marcelino Luna, e o concelleiro de Economía e Emprego de Burela, José Casas.
A Liga Prebenxamín da Mariña FS de Imdecum arrincou en novembro de 2013, cun total de oito clubs. AD Santiago de Foz, AD Praia de Covas, ED Burela FS, Escolas Celeiro Xove FS, EDM Cervo, ED Lourenzá e Cidade de Viveiro participaron en Prebenxamín 1. Prebenxamín 2 contou coa representación de AD Santiago de Foz, AD Praia de Covas e ED Burela FS, coa incorporación de ACD Xove.
AD Santiago de Foz recolleu os trofeos de campión en Prebenxamín 1 e na segunda volta de Prebenxamín 2 e AD Praia de Covas levou o título na primera votla de Prebenxamín 2.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
