RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, anunciou esta mañá que “trala recuperación da Casa da Ría, agora estas instalacións están en disposición de acoller diversas actividades”.
O edil explicou que “a primeira das actividades que se levarán a cabo en Santa Cruz está organizada en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela a través do observatorio astronómico Ramón María Aller. Será unha charla sobre reloxos de sol que terá lugar na primeira quincena de agosto, sobre o 7 ou o 8, pero máis adiante poñeremos ao corrente aos veciños”. Ademais o responsable de Medio Ambiente adiantou que “se vai celebrar tamén entre os días 24 e 28 de agosto, un programa de astronomía sobre o ceo de Ribadeo no que os profesores impartirán charlas e guiarán observacións dende as instalacións da Casa da Ría”.
Por outra banda, Cupeiro revelou que “a través da Dirección de Sostibilidade da Costa e do Mar imos celebrar unhas charlas sobre as medusas o vindeiro 16 de xullo. O obxectivo desta campaña é crear unha rede de xeración de avisos co fin de alertar aos que teñen contacto co medio mariño sobre a súa perigosidade”.
Horacio Cupeiro tamén sinalou que “o Concello ven de firmar un convenio de colaboración coa Federación Galega de Confrarías para a divulgación dunha rede sociocultural con dúas liñas de actuación: unha divulgativa e sociocultural con obradoiros, e outra de creación de infraestructuras formativas con orientadores para o asesoramento fiscal, xurídico, laboral e económico da xente do mar co fin de ofrecerlles tódalas facilidades posibles para o seu traballo”.






















O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



