Ribadeo, 25 de abril de 2014. O vindeiro luns, 28 de abril, tomará posesión a nova directiva de ACISA Ribadeo que preside o empresario Roberto Ramos. Acompáñano nesta andadura: David Fernández Freijo, coma vicepresidente; o secretario será Roberto Rivas Tomé (presidente do colectivo durante os dous últimos anos); da tesourería encargarase Manuela Torviso Pérez; e os vogais son Rocío Martínez García, David Martínez Martínez, José Antonio Lombardero Bellón, Manuel Vázquez González, Ana Abad Sánchez, María del Mar Torviso Berdeal, Ramón Leivas Lavandeira e Francisco Miguel Iriarte Quintana.
Roberto Ramos sinala que “la idea de esta junta directiva es seguir la línea que nos marcamos en los últimos años, ya que el 80% de los componentes repiten en distintos cargos. Entran personas nuevas con la idea de refrescar un poco la elaboración de las diferentes campañas que realizaremos”. El presidente de ACISA indica que “seguiremos funcionando como lo vinimos haciendo hasta el momento, no será una junta directiva presidencialista, sino que somos un grupo de personas que nos reunimos y que intentamos aportar lo mejor de cada uno para este proyecto”.
Ramos Piñeiro destaca que “las ideas que nos marcamos para este período pasan por seguir mejorando las campañas, tal y como contamos en la asamblea general celebrada hace algunas semanas, haremos un esfuerzo en este 2014 para aportar un 40% más de inversión en dichas campañas y aprovechar también para colaborar con la recién creada A Mariña Federación”. E engade que “tenemos en mente entablar algún tipo de convenios con otras asociaciones de comerciantes de la comunidad, hemos hablado con Allariz y con algunas más y creemos que puede ser interesante para potenciar turísticamente Ribadeo, su comercio y su hostelería en esas zonas de interior”.
Pola súa parte, o presidente saínte e secretario da nova directiva de ACISA, Roberto Rivas, fixo balance dos seus dous anos á fronte da asociación: “hai dous anos cando cheguei á presidencia de ACISA/CCA de Ribadeo o obxectivo era seguir traballando na liña iniciada nos dous anos anteriores, no que tamén formei parte desta directiva. E continuamos a facer isto, innovando nalgunha campaña e pensando en facer campañas novas, aínda que sempre son difíciles de matizar e de levar a cabo, porque ás veces economicamente non se pode”. Rivas Tomé dixo que “intentei aportar o máximo que puiden de min a esta asociación. Vou continuar nesta directiva desde o posto de secretario para axudar e seguir traballando todos xuntos, tal e como viñemos facendo nestes anos. Somos un grupo coas mesmas pautas, coas mesmas ideas e que traballamos en conxunto para que o comercio de Ribadeo e a hostalería dean os seus froitos e sexan recoñecidos como se merecen”.





















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



