Burela, 22 de maio de 2014.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, o alcalde burelés, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, fixeron entrega este mediodía dos locais situados na recen rehabilitada vivenda dos mestres do CEIP Virxe do Carme a tres asociacións burelesas: Raíces Peruanas, Batukadeiras Rabentola e Clube Ciclista Cerezobikes.
O rexedor dixo que “se trata dun compromiso máis co tecido asociativo de Burela. Nestes tres anos de goberno do PP non desapareceu ningunha asociación, creáronse máis e todas as que se crearon teñen a colaboración, en maior ou menor grao do Concello, como se demostra coa entrega destes locais”.
E engadiu que “nesa vivenda queda un local libre e cando ese local se ocupe volveremos ter un problema de locais para asociacións, porque estamos seguros de que seguirán a nacer asociacións en Burela”. Esa vivenda e outra que se destinará a emerxencia social foron rehabilitadas pola Escola Obradoiro Sendas de Burela, Cervo e Xove.
Diana Durán explicou que “así estas asociacións poderán disfrutar de canda seu local co obxectivo de programar, ensaiar, debater e desenvolver todas aquelas actividades obxecto dos seus estatutos. Con esta aposta o equipo de goberno segue a reforzar o tecido asociativo de Burela, que entendemos é fundamental para o desenvolvemento da nosa vila”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



