Jesús Arranz González, presidente da Asociación Amigas e Amigos da Banda de Burela – Carta aberta ao grupo do Goberno Popular de Burela, depois de comunicado aparecido na Voz da Mariña o día 22 de Maio de 2014:
Xa que o Grupo do Goberno popular cita o meu apelido no artigo sobre a Banda, e, como presidente da Asociación “Amigas e amigos da Banda de Burela”, vou contestar para aclarar algunhas das información vertidas no mesmo.
Son Jesús Arranz González, e escribo a título persoal. Asumín a presidencia desta asociación, porque había cousas de xestión da Banda mellorables antes do ano 2009, e nós ofrecémonos para axudar. Tan só uns datos para demostrar o que afirmo: Houbo moitas viaxes da banda en que os membros menores ían sen o director da banda (Vivía en Lugo), nin adultos que se responsabilizara deles (estamos falando de nenos!, o meu fillo entre eles). Houbo actuacións en que saliron despois de xantar e regresaron de madrugada e cunha soa botella de auga de 250cl. no corpo como único alimento ingerido. Había quen tiña tres traxes na casa e outros tiveron que pagalos do peto. Houbo unha actuación a maís de 150 Kms de Burela na que un menor sufriu unha indisposición e non habían ningunha persoa adulta, a parte do director, para resolver e axudar nesa situación.
Dende que estamos nós, como mínimo 2 persoas da directiva sempre imos nas viaxes cos nenos. Dende que estamos nós ós membros da Banda non lles falta de nada: nin de comer, nin de beber. Todos os membros da Banda pagaron 50€ como depósito polo seu traxe. Nadie ten máis dun traxe na casa e, volvemos a insistir que os traxes NON SON NOSOS SENON DE TITULARIDADE MUNICIPAL. (Temos documentos que o acreditan).
O Grupo de Goberno dí que pagou dende 2009, 12.000 euros á nosa asociación pero esquece dicir que eses cartos están suficientemente xustificados e invertidos. Quero pór de manifesto que, dende o 2009, entregamos máis de 5.000€ en axudas e bolsas de estudos para que os nenos estuden música (pois xa non teñen matrícula gratis), máis de 2.500€ en mercar instrumentos ou arranxar instrumentos para uso de TODA A ESCOLA DE MÚSICA; máis de 2.000€ en viaxes para actuacións ou asistencia a concertos; máis de 3000€ en comidas, pinchos e alimentos en saídas nos últimos cinco anos; máis de 500€ en cartelería e material funxible; máis de 2000€ en subvencionar campamentos para os membros da banda, máis de 1000€ en pagar monitores de campamentos musicais, etc. Dende aquí ofrézome a todos os vecinos do noso pobo para que poidan comprobar todos os gastos da asociación e facturas de todos estes anos. Se lles parece moi cara a nosa asociación, cando actuamos cinco veces ao longo do ano, revisen canto se paga por cada actuación de Bandas e outros grupos. E falando de actuacións: Aínda hai unha actuación que fixo a Banda en S. Cibrao e que cobrou o concello de Burela e que nós non recibimos.
Estou farto de que se politice a Banda , a música e a cultura, en xeral. Antes das eleccións de 2011, propuxen aos tres partidos con representación política municipal un PACTO POLA BANDA, un pacto de mínimos aceptado por todos, pero aínda estou esperando resposta. Dende estas liñas e para non volver a saír ó paso de máis declaracións, VOLVO A SOLICITAR UN PACTO DOS TRES PARTIDOS PARA QUE A BANDA NON MORRA E TEÑA FUTURO.
O meu servizo a esta asociación e a outros organismos ós que pertenezo teñen como único argumento o meu amor POLA MÚSICA E A CULTURA e dóeme que se poña en dúbida.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



