CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, calcula un superávit de 1,6 millóns de euros nas arcas municipais para este ano. Villares explicou que para o exercicio 2009 prevé un investimento en gastos por valor de 5,9 millóns de euros e uns ingresos de 7,6 millóns de euros e indicou que “as contas municipais do presente exercicio caracterízanse pola férrea contención do gasto público salvo en materia de servizos sociais, programas educativos, seguridade, cultura e limpeza”
NOTA DE PRENSA
O Executivo que preside Alfonso Villares pon en marcha un plan de austeridade para limitar os gastos correntes (material de oficina, subministros) e adecúa a previsión de ingresos á redución operada polo Goberno central nos impostos que paga Alcoa polo uso do seu porto comercial ou do encoro de Rio Cobo. As previsións para este ano reflicten tamén a menor recadación derivada do frenazo na expansión urbanística
O GOBERMO MUNICIPAL CONTEMPLA UNS GASTOS PRÓXIMOS AOS 6 MILLÓNS DE EUROS NOS ORZAMENTOS DE 2009
* As contas municipais do presente exercicio caracterízanse pola férrea contención do gasto público salvo en materia de servizos sociais, programas educativos, seguridade, cultura e limpeza.
* O porcentaxe de débeda viva redúcese en 53 puntos, nos dez últimos anos, pasando de ser do 160,32% no 1999 ao 107% no presente exercicio.
* Cervo subscribe o programa de préstamos habilitado polo Goberno central e solicitará 800.000 euros cos que axilizar o pago aos provedores e asumir novos investimentos en obras e servizos públicos.
Cervo, 13 de xullo de 2009.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, explicou que o Goberno Municipal elaborou un orzamento para o exercicio 2009 que prevé un investimento en gastos por valor de 5.924.864,61 euros e uns ingresos de 7.602.479,51 euros. Deste xeito as contas municipais rexistrarán no presente ano un superávit próximo aos 1,6 millóns de euros o que implica unha aposta decidida polo saneamento da Facenda municipal xa que o desequilibrio a favor dos ingresos ten por obxecto compensar os remanentes de tesourería negativos cos que pechou o exercicio 2008.
MENOS INGRESOS, MENOS GASTOS
No pasado ano a revisión que o Goberno central efectuou na tributación dos Bens Inmobles de Características Especiais (IBICES) como son o porto comercial de Alcoa ou o encoro de Río Cobo, sumado á perda de ingresos derivados da paralización da expansión urbanística, trouxo consigo unha menor recadación respecto da prevista polo que tamén as contas para 2009 reflictirán esta tendencia. No relativo aos gastos o Goberno Municipal acorda manter unha serie de incrementos retributivos próximos ao 2% para o persoal funcionario e incrementos de nivel para as escalas inferiores do persoal laboral, máis a partida global en gastos de persoal redúcese nun 14% debido, sobre todo, ás menores contratacións naqueles ámbitos nos que non existe un financiamento suplementario do custe destes traballadores a través de subvencións ou axudas doutras administracións.
CONXELACIÓN DOS GASTOS DOS ÓRGANOS DE GOBERNO
En contraste con esta situación no 2009 conxelaranse as retribucións que obteñen os órganos de Goberno. Non se procede á actualización desta partida, polo que as retribucións dos concelleiros, asistencias a plenos, etc… quedan igual que no ano 2008. A maiores hai que engadir a supresión dunha dedicación exclusiva, co conseguinte aforro, para as arcas municipais. As contas para 2009 tamén inclúen a incidencia positiva que respecto da Facenda pública local deuse despois das sentenzas favorables recaídas sobre o Plan Placer (Construcciones Coto) e que supoñen un aforro próximo aos tres millóns de euros.
Do análise polo miúdo das contas do 2009 dedúcese que o investimento centrarase en programas sociais, educativos e fomento do emprego, ademais de obras menores, seguridade, protección civil, cultura, medioambiente e limpeza. O Goberno municipal mantén as axudas para festexos nas distintas parroquias.
PLAN DE AUSTERIDADE
O Executivo que preside Alfonso Villares está poñer en marcha un férreo control do gasto, sen deixar de lado unha activa política inversora no mantemento dos servizos públicos de calidade e no relativo ao mantemento das políticas de gasto social. O primeiro edil explicou que o Goberno municipal deseñou un plan de austeridade do gasto municipal para o vindeiro exercicio económico co obxectivo de afrontar con “responsabilidade” a actual situación de crise, que está a afectar dun xeito evidente á situación de tesourería das administracións locais.
Con esta fórmula o Goberno municipal pretende garantir a prestación de servizos de calidade para todos os veciños pero facelo dun xeito coherente coa actual situación económica. Algunha das medidas contidas neste plan xa están en marcha, como é o caso da contención dos gastos superfluos e nos subministros correntes, material de oficina, subministro de enerxía, carburantes, telefonía, mantemento de equipos informáticos, de fotocopiadoras, recollida de lixo,.etc-. Todas elas baséanse no control do gasto público pero mantendo o esforzo orzamentario en materia de políticas sociais e de benestar e o investimento en servizos de promoción do deporte, da Cultura e dos servizos públicos (Escolas Deportivas Municipais, mantemento e melloras na piscina municipal, rede de telecentros, actividades culturais, …).
REDÚCESE EN ENDEBEDAMENTO
Por outra banda, cabe salientar unha evolución positiva da débeda viva do Concello de Cervo, isto é, da débeda bancaria desta administración pública que reduciuse nos dez últimos anos en máis de 52,32 puntos porcentuais. Mentres que en 1999 esta índice de endebedamento bancario en relación cos ingresos correntes era dun 160,32% a finais deste ano pasará a ser do 107%.
Esta cantidade (107%) inclúe a solicitude dun préstamo bancario por valor de 800 mil euros, adscrito ao fondo de axuda ás entidades locais que puxo en marcha o Goberno central. O Concello de Cervo acollerase ao Real Decreto Lei 5/2009 que contempla medidas extraordinarias de apoio aos concellos –préstamos cun tipo de xuro moi baixo- de tal xeito que poderá axilizar o pago a empresas e autónomos. Esta operación de financiamento externo concertarase con dous anos de carencia, tanto os intereses como a liquidación de xuros será anual, por anualidades vencidas.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



