Os atletas das E.D. Lourenzá-Mondoñedo volveron a sorprender no Campionato Provincial converténdose nunha das mellores escadras da provincia en categorías menores.
Aínda que o ano pasado o rexistro de 16 metais se antoxaba difícil de superar, nesta edición os rapaces e rapazas laurentinos e mindonienses dominaron sobre todo as carreiras do medio fondo benxamín e alevín facéndose cun total de 25 metais.
8 ouros
ALEIX DÍAZ 500 ALEVÍN – 1,35,56
ALEX SANTIAGO 1000 ALEVÍN – 3,17,79
NICOLÁS ÁLVAREZ 2000 ALEVÍN – 7,45,37
BRUNO SANTOS MARTELO INFANTIL – 17,50
AINARA RGUEZ 1000 ALEVÍN – 3,25,74
ANA VALLINES 2000 ALEVÍN – 7,44,42
VALERIA ÁLVAREZ ALTURA BENXAMÍN – 1,00
JIMENA OTERO PELOTA BENXAMÍN – 18,35
7 pratas
ALEIX DÍAZ 60 ALEVÍN – 9,26
HUGO VILLALBA 2000 ALEVÍN – 7,50,52
ALEX SANTIAGO PELOTA ALEVÍN – 30,69
AINARA RGUEZ 60 ALEVÍN – 9,27
VALERIA ÁLVAREZ 1000 BENXAMÍN – 4,08,21
CARMEN GARCÍA ALTURA BENXAMÍN – 0,95
LIDIA BARREIRA TRIPLE INFANTIL – 8,95
10 bronces
DAVID MARTÍNEZ ALTURA BENXAMÍN – 0,90
FERNANDO VALLINES PESO BENXAMÍN – 7,56
ADNAN ITRIH 3000 INFANTIL – 12,47,6
HUGO RGUEZ. PESO INFANTIL – 7,62
AINHOA LÓPEZ LONXITUDE ALEVÍN – 3,35
MENCÍA MTNEZ-SIERRA PESO ALEVÍN – 6,91
CARMEN GARCÍA 1000 BENXAMÍN – 4,11,55
LIDIA BARREIRA 150 INFANTIL – 22,14
LIDIA BARREIRA ALTURA INFANTIL – 1,31
ALDARA FDEZ. ALTURA BENXAMÍN – 0.90
A vindeira cita será logo no Campionato Galego que se disputará o sábado 7 de xuño en Vigo.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
