O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Diana Durán, asinaron este xoves 29 de maio os convenios coas asociacións sociais e sociosanitarias. En total foron 16 colectivos os que asistiron a este acto e os que recibirán 10.500 euros a través das subvencións que lles concede o Concello con cargo aos orzamentos de 2014. Segundo explicaron Durán e González Barcia “a partires de agora xa poden xustificar esas subvencións e despois seranlles abonadas”. A vindeira semana asinaranse os convenios con entidades deportivas, culturais e vinculadas co mundo do mar.
