CADERNOS DA VIAXE. Cando Fernando Vázquez choraba este sábado no banco deportivista, logo de acadar o ascenso da equipa galega á División de honra, moitos partillamos a súa ledicia e a súa emoción. Porque o ascenso do Depor a Primeira supón para a Cidade e a área urbana e, tamén, para toda Galicia unha grande oportunidade. Ao suceso deportivo (ascender do inferno da Segunda é un obxectivo sempre moi difícil) engádeselle o negocio que xerará para a hostalería e outros sectores empresariais coruñeses o fútbol de primeira e máis a viabilización do convenio concursal de acredores e o extraconcursal coa Axencia Tributaria. O Dépor poderá pagar as súas débedas,entre elas a que ten co Fisco que somos todos e este feito sempre será positivo. Unha tempada máis na Segunda e a liquidación do clube tería sido case inevitábel. O que deixaría á Facenda pública sen cobrar.
Sucede tamén que este fito ocorre no quinto mes de xestión do novo Consello de Administración que preside Tino Fernández, despois de case vinte e sete anos de mandato de César Lendoiro, sinalado por moitos éxitos deportivos- impensábeis no 1992 e hoxe, mais tamén por unha xestión económica escura, que xerou unha débeda astronómica. Algo que non é privativo, dende logo, do Dépor na Liga BBVA, pero que non xustifica a executoria empresarial lendoirista. O Dépor volta a Primeira e isto é un grande reforzo para a nova equipa reitora. Malia que a contratación de Fernando Vázquez fose o derradeiro dos acertos deportivos de Lendoiro.
E, están as imaxes dun galego que exerce de selo, o adestrador Fernando Vázquez, amosando a súa humanidade a xeito de bágoas e carreiras pola banda de Riazor. Dun galego que soubo xerar dinámica de equipa, mailos seus altos e baixos e que soubo reconciliar xogadores e afeccionados, nomeadamente aos máis novos destes. Dun home rigoroso na metodoloxía, mais cheo de corazón e intelixencia emocional.
No mundo do fútbol, petado de adestradores estrelas e egos desmedidos, Fernando Vázquez demostrou que a humildade non é incompatíbel coa teimudez nos obxectivos e que o traballo ben feito non precisa de poses. E non houbo que ir fíchalo a Barcelona, Madrid, Londres nin Lisboa. Fernando Vázquez é un profesional galego que traballa como os mellores de fóra.
Xoán Antón Pérez-Lema


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



