O Alcorcón é o primeiro finaltista da XX Copa de España Burela 2014 tras vencer na tanda de penaltis ó Universidade de Alicante. O encontro foise animando co paso dos minutos xa que as xogadoras acusaron os nervios iniciais propios da competición. Intensidade, entrega e varios intercambios de golpes pero as porteiras de ambas escadras demostraron o seu alto nivel. Sen goles chegouse ó descanso e na continuación, máis do mesmo, sen un dominador do choque chegouse aos instantes finais. O gol deixábase querer por alacantinas e alfareiras pero non se chegaba ó paso definitivo. E sen movementos no marcador finalizou a semifinal. Na prórroga, o choque abriuse definitivamente, a meta alacantina Miriam detivo un penalti a Vadillos, minuto 42, e a gran ocasión das valencianas estivo nos pés de Amelia pero o pau impediu que lograse o seu obxectivo. Na segunda parte da prórroga estreouse o marcador, o Universidade de Alicante golpeou primeiro por mediación de Andrea pero as alfareiras non se renderon. Andrea empatou o partido e levou o pase á final cara ó punto de penalti.
Ficha técnica
AD Alcorcón: Miriam, Vadillos, Orive, Isa, Lara -cinco inicial- Andrea, Soldevilla, Leire, Desi.
Universidade Alicante: Toñi, Andrea, Txitxo, Pao, Amelia -cinco inicial- Castelló, Mónica, Noe.
Goles: 0-1, m.47, Andrea; 1-1, m.49, Andrea.
Penaltis
AD Alcorcón: Soldevilla, gol. Lara, gol. Orive, gol. Vadillos, gol. Isa García, gol.
Universidade de Alicante: Txito, gol. Amelia, fallo. Andrea, gol, Mónica, gol.
Árbitros: González Armada, Menéndez Nistal. Colexio de Pontevedra e Viveiro. Tarxeta amarela a Pao do Alicante e a Lara, Castelló de Alcorcón.
Incidencias: Primeira semifinal da XX Copa de España Burela 2014 disputada no pavillón Vista Alegre. 600 espectadores.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
