Fillo de Xosé Antonio Febrero Bermúdez, natural de Tardad, Vilalba e de María da Carrera e Fernández natural de Mondoñedo. Nado en Mondoñedo o sete de Xaneiro de 1733. Quedou pronto orfo de pais, quedando o coidado dun tío seu, presbítero, Don Xan Bermúdez, o cal o iniciou no estudio das Humanidades. Morto este, o xoven Febrero foise para Madrid en busca de mais próspera fortuna. Os comezos da súa vida no Madrid de mediados dos século XVIII, son un misterio. Pode ser que estivera o servizo do Conde de Campomanes de quen foi sempre gran amigo, e que este ilustre político e escritor, adiviñando as grandes dotes de Febrero, servira de mecenas e pagara os seus estudios.
En 1757 era axente de negocios dos Reais Consellos e o 23 de xuño dese ano, Febrero atópase xa coma Notario Real.
Casou con Doña María Antonia de Borgoñon, da cal non tivo descendemento . Foi home de recta conciencia e austeras virtudes. O admirable del é que aínda non sendo mais que un práctico que non frecuentaba as Cátedras de Dereito nin obtivo grados académicos escribira a famosa obra “Librería de Escríbanos e Instrución Juridica Teórico-Práctico de principiantes”.
Febreiro publicou en mil setecentos sesenta e nove o primeiro tomo da súa obra, o segundo en mil setecentos setenta e catro e o terceiro en mil setecentos setenta e cinco. En mil setecentos oitenta por recomendación de Campomanes escribiu e publicou unha adicción a súa Librería con título de “Tratado de los juicios de inventario y partición de bienes”.
Estes traballos de Febrero tiveron numerosas edicións, as de mil setecentos oitenta e nove e mil setecentos noventa, corrixidas e anotadas polo propio autor en mil oitocentos un imprimiuse en Madrid unha reforma a cargo de Xosé Marcos Gutiérrez. Este mesmo en mil oitocentos cinco sacábase á luz, “Tratado de práctica criminal en España”, eran tres volumenes, como complemento a obra de Febrero. Outra nova edición aparecen en mil oitocentos oito en Madrid, “Febrero adicionado o Librería de Escribanos”, compoñíase de sete tomos. A terceira reimpresión aparece en mil oitocentos vinte e cinto, corre a cargo do Avogado Miguel Aznas, en mil oitocentos vinte e oito ve a luz outra reimpresión con versión de Antonio Tapia, quen en mil oitocentos corenta e cinco volveu a renovar esta obra.
Florencio García Goyena e Xoaquín Aguirre sacaron en once volúmenes unha nova adaptación do traballo entre mil oitocentos corenta e un e corenta e cinco.
Xosé Febrero morre en Madrid o oito de setembro de mil setecentos noventa na rúa da Ballesta número oito e os seus restos recibiron sepultura na igrexa de San Martín.
No discurso lido no ano mil oitocentos setenta e oito na Academia Matritense do Notariado, acerca de Febrero e as súas obras Don Xosé Gonzalo das casas dí: “Saludemos con respecto y gratitud la memoria de aquel genio gigante que, superior a su siglo, dejó en su libro una semilla fecunda que ha sido la base dela ilustre del Notariado hasta nuestros días”.
O vinte e seis de Nadal de mil oitocentos setenta e oito, co motivo de inauguración do edificio da Academia Notarial de Madrid esculpiuse de forma monumental o nome de Xosé Febrero no edificio, como recoñecemento dos seus altísimos méritos.
Nas San Lucas do ano mil oitocentos noventa e cinco, convocase o primeiro certame literario, establecese un premio a mellor biografía sobre a importancia das súas obras xurídicas, noticia dos seus reformadores e continuadores Febrero, sendo o gañador o vilalbes Manuel Mato Vizoso.
O concello de Mondoñedo, púxolle o seu nome a unha das rúas da cidade.
OBRA PÍA FEBRERO
No testamento de Xosé Febrero fundou unha obra pía para dotar as doncelas orfas pobres e honradas, naturais das parroquias de Tardad e Distrid (Vilalba), berze dos seus antepasados por virtude da cal “O tomar estado en religión o matrimonio debían percibir por una sola vez y cada una de las comprendidas en el caso trescientos ducados”.
X. Isidro Fernández Vilalba.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



