Ribadeo, 9 de xuño de 2014. A asociación Amadores da Música convoca un concurso de debuxo para alumnos e alumnas de 5º e 6 º de Primaria dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, de Ribadeo. Eses traballos utilizaranse para os carteis anunciadores dos concertos da banda municipal ribadense.
O presidente de Amadores da Música, José Luis Pulpeiro, explicou que “o lema do concurso é A Música, haberá premios e obsequios para os participantes e eses debuxos vamos utilizalos para os carteis que anunciarán os carteis da banda. Parécenos unha iniciativa moi interesante porque involucramos aos nenos a que vivan a música, que saiban o que é e as opcións que teñen en Ribadeo con relación aos estudos musicais que poidan querer facer. Esperemos que haxa moita participación”.
O prazo para a presentación dos debuxos remata o día 20 deste mes.
Ademais a asociación Amadores da Música editou uns dípticos para repartir tamén nos colexios Sagrado Corazón e Gregorio Sanz “co fin de que os nenos poidan entrar a tocar na banda, pero antes necesítanse uns estudos e unha preparación que require un tempo. Por iso vamos entregar eses dípticos nestes colexios, sobre todo para que os pais dos alumnos vexan os beneficios que ten a música. Explícase en primeiro lugar porque é tan beneficioso estudar música; o segundo apartado vai enfocado á escola de música de Ribadeo e o terceiro vai dirixido a explicar as vantaxes que ten tocar na banda”.
A directiva de Amadores da Música repartirá os dípticos nas entradas dos colexios e espera que esta iniciativa xere novo alumnado para a escola municipal de música e que despois eses nenos acaben entrando na banda, que “é o obxectivo final disto”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



