Azucena González Loredo.- Tanto o actual alcalde de Ribadeo coma grande parte dos seus concelleiros levan en responsabilidades de goberno no concello de Ribadeo dende o ano 2.003 e hai unha característica sinalada na súa forma de facer política que os destacou dende aquela primeira legislatura en coalición e que seguiu a darlles froitos dourados ata a data: o uso intensivo da propaganda. Tivo Fernando Suárez de sempre unha querencia polos medios de comunicación e a fotografía de estilo decadente e caduco, rancio recordo do NO-DO para maior gloria do poderoso (famosas foron as diversas aparicións xornalísticas co casco de obra, mallando o trigo, etc, etc,..); de seguro que nestes once anos terá un “book” variado que para sí quixeran laureados modelos profesionais. Pero entre bromas e corrillos de taberna, o BNG tirou do mapa político ao seu coaligado PSOE e comezou a súa andaina en solitario que hoxe pervive.
Co tempo foi perfeccionando o alcalde e o seu equipo o sistema de márketing no que se converteu o seu goberno. Peza clave resultou, sen dúbida, a inestimable axuda do equipo de prensa (ao que lle pagamos tódolos ribadenses) que, de seguro, como magníficos profesionais que son, contribúe en gran medida ao diseño e difusión da venta mediática do goberno. Sexa cal sexa a nova que toque cada semana a estratexia divídese en dúas técnicas, dependendo das circunstancias do feito noticiable:
1.- Se se trata dunha boa nova, asúmese o protagonismo do tema; veña de onde veña o diñeiro, a xestión, o esforzo,… nada pode evitar que nos chegue o anuncio grandilocuente por parte do alcalde como mérito propio.
3.- Se se fala dun problema ou de necesidades ou calquera outro tipo de malas novas pasamos á técnica do vitimismo: a culpa é do PP, e da Xunta e de Rajoy e….de quen sexa que pasase por alí, salvo, por suposto, do goberno municipal que loita “indefenso e inerme nun campo minado” pola miseria dunha axuda por parte dos que teñen o poder, bla, bla, bla,..
Os medios de difusión foron tamén “in crescendo” en cobertura e relevancia: desde o noso semanario “La Comarca del Eo” e as edicións locais de xornais e medios radiofónicos chegamos (gracias, sobre todo, ó tema da praia das Catedrais) á cobertura rexional, nacional e ata internacional. Tamén exploraron e perfeccionaron o tema das novas tecnoloxías, convertendo a páxina web do concello nun boletín propagandístico do goberno, e irrumpindo en redes sociais, Youtube e, de seguro, algunha outra plataforma que eu nin siquera coñezo.
Hai exemplos a centos pero no caso da técnica número 1 o máis recente é o pleno desta semana que en realidade é unha resolución do Ministerio de Hacienda que permite aos concellos adheridos ao plan de pago a proveedores mellorar as condicións do préstamo pero que, como nos tén afeitos, o alcalde vende nos medios como un logro da súa magnífica xestión. Cada certo tempo escoitamos ao alcalde e ao concelleiro de facenda afirmar fachendosos a mellora que acadaron no tempo de pago das facturas do concello e néganse cando se lles recrimina a falsidade do seu mérito a recoñecer que foi o Goberno do Estado quen atallou de raíz a débeda que as administracións locais mantiñan cos seus proveedores e que estaban a afogar a moitas pequenas empresas.
Do método vitimista tamén podemos citar ducias e ducias de casos pero o máis sangrante é o caso da Praia das Catedrais, os famosos vídeos do alcalde amosando colas, atascos e outros handicaps da praia e culpando á Xunta colgados na rede nestes tempos de primacía das TIC nas decisións turísticas. Este foi o primeiro caso de publicidade turística negativa por parte dun alcalde (e polo tanto do pobo que representa) na historia da comunicación. Pero se facer este dano de imaxe, e por ende, económico ó concello non fora suficiente, o máis grave é que está a utilizar a fama da praia para unha promoción persoal e política, dándose a coñecer a sí mesmo como azoute do goberno da Xunta.
Ogallá toda esta maestría na estratexia mediática leven ó sr. Suárez todo o lonxe que queira chegar persoal e políticamente pero, entretanto, eu prégolle que non utilice na súa campaña nin o noso pobo nin o noso diñeiro e teña a honestidade de concederlle ó Rei o que é do Rei e ao César o que é do César. Recorde Sr. Alcalde, o que decía Lincoln: pódese enganar a todos un tempo, ou a algúns todo o tempo, pero non se pode enganar a todos todo o tempo.
Azucena González Loredo
Concelleira do PP no concello de Ribadeo

















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



