Ribadeo, 12 de xuño de 2014. O pleno extraordinario celebrado este mércores no Concello de Ribadeo aprobou por unanimidade o expediente de modificación de determinadas condicións financieiras do préstamo de pago a provedores. Dita modificación permitirá unha redución máxima do tipo de xuro nuns 140 puntos básicos e un aforro de preto de 100.000 euros ao Concello ao longo dos vindeiros 8 anos. O alcalde, Fernando Suárez, felicita aos concelleiros de todos os partidos políticos por apoiar esta medida.
O rexedor contou que “neste pleno extraordinario que celebramos este mércores o acordo foi adoptado absolutamente por unanimidade. Tampouco quedaba moita máis marxe para que calquera dos grupos da Corporación fixéramos outra cousa, dado que o que está facendo nestes últimos tempos o Concello de Ribadeo precisamente vai na liña destas propostas que tiña o Ministerio para que nos puideramos adherir os concellos, no sentido de que estamos impulsando actuacións electrónicas na relación cos veciños así como tamén estamos simplificando moito os trámites para o inicio de actividades empresariais”. Suárez Barcia engadiu que “de aí que se adaptaban moito estas novidades ao que nosoutros xa estamos facendo, pero en todo caso con estes compromisos de adhesión a estes criterios vamos ter uns 140 puntos básicos menos no tipo de interese que o Concello ten que aboar ano tras ano durante os próximos oito exercicios, o que vai supoñer un aforro para as arcas públicas duns 96.000 euros. Iso daranos máis marxe para seguir facendo actividades de inversión en servizos sociais, no medio rural, nas parroquias, etcétera. De aí que felicito a todos os corporativos por adoptar este acordo unánime”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



