No pleno urxente celebrado este xoves en Burela, aprobouse cos votos do PP, unha modificación das condicións do préstamo para o pagamento a provedores que suporá perder un aforro de 40.000 € para as arcas municipais. Deste xeito, os veciños e veciñas de Burela terán que pagar máis por un préstamo que solicitou o PP en 2012 e que agora non vai comezar a amortizar ata agosto de 2015, ao ampliar o período de carencia dos 2 aos 3 anos.
Perfecta maniobra para o Goberno do PP, que deixa para despois das eleccións municipais de 2015 a amortización do capital que adebeda ás entidades bancarias para o pagamento a provedores.
O concelleiro do BNG, Mario Pillado, votou en contra desta proposta“por ser claramente contraria ao interese xeral do conxunto dos veciños e veciñas e por entender que é unha fuxida cara adiante do equipo de goberno”. O PP, co Sr. González Barcia á cabeza, optouirresponsabelmente pola ampliación do período de carencia nun ano, adiando a amortización do préstamo ata 2015, que suporá un aforro de só 24.426 € en troca do endurecemento das condicións impostas pola Administración Central, como o aumento da carga impositiva e a redución do gasto público.” Pillado apuntou que “o Concello podería optar por unha terceira opción na que se reducían os tipos de xuro en 140 pontos básicos e que suporía un aforro total de 63.404 €”.Engadiu que “deste xeito, o Concello vai deixar de aforrar case 40.000 € pola mala xestión do PP, co Sr. Barcia como máximo responsábel desta nefasta operación.”
O PP utiliza a Escola Infantil como pretexto para a modificación das condicións do préstamo e para ocultar a súa incompetencia na xestión municipal
A só un ano das eleccións municipais, esgótase o tempo para que o PP cumpra coas medidas estrela do seu programa eleitoral, entre as que estaba a construción dunha nova Escola Infantil en Burela. Despois do convenio asinado coa Xunta en 2012, o Goberno Municipal aínda non destinou ningunha partida a esta obra.Mediante convenio subscrito coa Xunta de Galiza en 2012, o Concello comprometíase a aportar o 40% do total da obra e ceder os terreos para a construción da Escola Infantil, tendo que aportar xa en 2013 un total de 116.000 € e que a día de hoxe aínda non se concretaron en ningunha actuación.
Con este panorama, o PP opta por proceder á modificación das condicións do préstamo, adiando a súa amortización coa excusa de destinar este remanente á Escola Infantil. En palabras do portavoz nacionalista Mario Pillado, “esta medida é froito da improvisación absoluta e da falta de previsión do equipo de goberno, que debería ter consignada unha partida económica nos orzamentos deste ano para a construción da Escola Infantil.”
Outra das propostas aprobadas polo PP no pleno municipal, foi a expropiación dun terreo nas cercanías de ECCESA por valor de 90.000 € para a construción da escola infantil. O grupo municipal do BNG tamén votou en contra desta medida, ao entender que o propio Concello dispón de terreos municipais que se poderían empregar para a construción das instalacións. Coa compra de terreos a particulares, o Concello terá que asumir non só o 40% da obra, senón que tamén terá que destinar 90.000 € para a adquisición destes terreos, e que suporán na práctica máis de 200.000 € que sairán das arcas municipais para a construción da escola infantil.
Pillado concluiu que “o PP está a facer unha pésima xestión do Concello, como queda demostrado pola incapacidade para conseguir fondos de outras adminastracións para a construción da Escola Infantil e pola falta de previsión na elaboración dos orzamentos municipais.”
Noutra orde de cousas, o voceiro municipal nacionalista lamentou os malos modos, as descalificacións, os insultos gratuitos e os berros cos que o alcalde o agasallou na parte final do pleno, vista a negativa do representante do BNG a votar a favor das propostas da alcaldía. Pillado cre que “podemos opinar e ter ideas diferentes, pero non se pode faltar ó respeto e perder as formas desa maneira, pois tódolos que ocupaban a casa consistorial nese intre viviron a ingrata sorpresa desa escena final do pleno”.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



