As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia organizaron este martes unha visita dos usuarios e socios da Asociación Camiña ao Arquivo Histórico da Confraría de Pescadores de Burela. Ademais de ver as instalacións da confraría visionaron unha presentación en formato PPT titulada O Barco de Balbino con imaxes do barco museo baseadas na historia do boniteiro Reina do Carmen e elaborada polas propias monitoras para mostrar a modo de conto a historia do barco desde a súa andadura como boniterio hasta hoxe, que é un museo atracado no porto.
Na visita acompañounos Marta Fernández García que organiza as visitas ao arquivo histórico e que aproveitando material didáctico da biblioteca da propia confraría eliieu unha serie de puzzles de imán con pequenas cañas de madeira e puzzles de madeira (simulando as partes dun barco) e diverso material relacionado co mar para que os nenos disfrutaran.
Con éstas actividades as monitoras de Gaia pretenden dar a coñecer aos nenos e educalos para que a través do mar e da pesca tomen contacto coa natureza e aprendan especies que habitan nos nosos mares.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



