Lugo, 18 de xuño de 2014.- Nun só día cubríronse a metade das prazas para o Surf–Camp impulsado pola Deputación, únicas xornadas na comunidade galega nas que se ofrece, de xeito totalmente gratuíto, a posibilidade de surfear da man de profesionais destacados e recibir as súas ensinanzas. Todos os interesados en participar neste encontro deportivo gratuíto e para toda a familia, que terá lugar en Viveiro, Barreiros e Foz os días 27, 28 e 29 de xuño, poden inscribirse aínda no teléfono 633-859-227. O Surf–Camp ofrece preto de 20 horas de formación e máis de 280 prazas a custe cero, que poderán superarse posto que hai actividades sen límite de localidades. Na pasada edición ofrecéronse un total de 200 prazas e por mor da avalancha de solicitudes recibidas, nesta convocatoria auméntanse para todas as actividades incluídas na programación e duplícase a formación gratuíta ofrecendo por primeira vez distintos niveis segundo o grao de coñecemento das técnicas de surf.
As xornadas contarán con destacados profesionais e figuras relevantes desta práctica deportiva ecolóxica e sostible, como as seguintes:
– Estitxu Estremo: esta deportista de élite de surf dende o ano 2000 foi tamén monitora en escolas de renome do panorama nacional, membro da Selección Nacional Absoluta dende o ano 2000 ó 2005 e campioa de Europa Absoluta de Surf e Longsboard, nos anos 1997-1999 e 2010, respectivamente.
– Aitor Francesana: seleccionador nacional de surf e espírito superador que experimenta as olas a través de sensacións debido a perda de visión que sofre. Preparador do primeiro español en clasificarse ó WCT, Aritz Aramburu.
– Luis Rodríguez: o 2º surfista galego máis laureado dos últimos tempos, premiado ó mellor Wipeout durante o Punta Galega EVE Challenge 2012.
– Daniel García: surfista veterano, avalado polos 30 anos que leva surcando as olas. Imparte clases na súa propia escola en Cantabria e foi vencedor da primeira proba combinada de surf e snowboard celebrada na comunidade cántabra o pasado ano, o “Obsession–A2 Fussion 2013”.
Para máis información, como as actividades que conforman o programa, así como novidades; estarán dispoñibles as webs www.deputacionlugo.org. e http://km0surfcamp.deputacionlugo.org, ademais de en Twitter @surfcamplugo ou en facebook.com/km0surfcampdeputacionlugo.
Fondos europeos
O organismo provincial reedita estas xornadas deportivas tras o éxito acadado as pasadas convocatorias nas que houbo centos de participantes, chegados da metade norte do país, acadando unha ocupación hoteleira de entre o 80% e o 100% en determinadas zonas. O Surf–Camp está financiado nun 80% con fondos europeos do programa medioambiental da Deputación Lug02 e enmárcase na aposta da Deputación por impulsar e dar a coñecer a riqueza paisaxística da provincia. Os obxectivos deste programa repleto de actividades respectuosas co medio ambiente son mobilizar a centos de persoas á Costa lucense, para dinamizar a economía e desestacionalizar o turismo nestas zonas.
Actividades gratuítas para toda a familia
– O venres, 27 de xuño, a xornada arrancará ás 19:00 horas no municipio viveirense cunha xornada formativa, con prazas para unhas 100 persoas, na que profesionais do surf abordarán as peculiaridades e vantaxes deste deporte.
– O sábado, 28 de xuño, haberá actividades en Barreiros e Viveiro. Nas praias barreirenses, destacados expertos nacionais do surf ofrecerán clases gratuítas durante toda a xornada (pola mañá, de 11:00 a 14:00 horas e, pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas). Ofrécense 3 niveis: iniciación, con prazas para 40 persoas; perfeccionamento, con 20 prazas, e profesional, con outras 20 (neste caso, os participantes percorrerán a Mariña na busca das mellores ondas). En Viveiro, dende as 17:30 e ata as 20:00 horas, haberá multiactividades deportivas (segwey, skates eléctricos, simulador de surf, longskate, gyroboard…)
– O domingo, 29 de xuño, o Surf Camp continuará nas praias de Foz, con máis clases de surf e multiactividades deportivas totalmente gratuítas, que arrancarán as 12:00 horas e se prolongarán durante todo o día. Serán 100 as prazas dispoñibles.
Co evento surfeiro lucense colaboran os 7 clubes existentes na Comarca da Mariña, e que reúnen a 250 socios, aínda que o número non deixa de medrar. Trátase de: Hola!Ola Surf Club de Ribadeo, North Shore Surf Club de Barreiros, Surfiños Surf Club e Sensación Surf Club de Foz, Limosa Surf Club de San Cibrao, Oxígeno Surf Club e Van Surf Club de Viveiro.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



