Lugo, 19 de xuño de 2014.- A Deputación pon en marcha novas accións formativas gratuítas sobre agricultura ecolóxica tralo éxito acadado co Fórmate en Verde. Preto de 300 lucenses participaron nos 21 obradoiros que o organismo provincial levou á zona Sur da provincia mediante dita programación que xera emprego no rural. Froito da formación e do asesoramento recibido, puxéronse en marcha ata o momento 6 novas explotacións de agricultura ecolóxica (en Carballedo, Guntín, Chantada, Castro de Rei e dúas en Sarria), rexistradas xa no CRAEGA, mentres outras tantas están en proceso de creación.
O organismo provincial leva as novas accións formativas sobre agricultura ecolóxica, totalmente gratuítas e abertas ó publico, a Monforte, Mondoñedo, Sarria e Viveiro. As datas de celebración son as seguintes:
Mondoñedo acollerá dous seminario. O primeiro será o vindeiro luns, 23 de xuño, no que se abordará o Mercado e comercialización de produtos ecolóxicos. O seguinte será o 28 de xuño, no que se tratará a Produción de cultivos necesarios para a elaboración de cervexa artesá e a súa comercialización.
En Monforte celebraranse doutras dúas xornadas: o día 26 de xuño, o Mercado e comercialización de produtos ecolóxicos e, o día 19 de xullo, A compostaxe e os biofertilizantes.
En Sarria haberá un seminario, o 5 de xullo, sobre a Produción de cultivos necesarios para a elaboración de cervexa artesá e a súa comercialización
En Viveiro terá lugar outro, o 12 de xullo, sobre A compostaxe e os biofertilizantes.
Inscricións
Hoxe mesmo se abre o prazo de inscrición para as primeiras accións formativas (a do vindeiro luns en Mondoñedo e o próximo xoves, 26 de xuño, en Monforte). Os interesados poden formular a súa solicitude en www.deputacionlugo.org, onde atoparán detalles sobre os contidos e expertos que imparten os seminarios. Máis información en 982-26-02-06.
A Deputación aposta pola formación gratuíta sobre a produción ecolóxica xa que é un sector en auxe, tal e como constatan os seguintes datos: o 92% dos galegos coñece os produtos ecolóxicos; as vendas aumentaron nun 60% nos últimos 5 anos, pasando de 9.569.788 euros de facturación ós 23.292.806 euros. A provincia de Lugo é a que máis produtos certifica en Galicia, destacando a elevada facturación en leite e derivados, que son tamén os produtos favoritos entre os consumidores. A produción ecolóxica e forestal perfílase como unha oportunidade inmellorable para sacar o máximo rendemento ós recursos naturais da provincia dun xeito sostible, crear emprego no rural e favorecer a fixación de poboación.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



