NOTA DE PRENSA
O Partido Popular acusa a Vega Buján de dilapidar a herdanza que recibiu en materia turística na Deputación
* Os populares calificaron de “despropósito” que a área de Turismo xustifique que o catarán dos Robles non funcione por falta de persoal e acusan a súa responsable “dunha absoluta falta de previsión”
L
ugo, a 17 de xullo de 2009.- Os Grupos provincial e municipal do Partido Popular acolleron con “estupor” a razón esgrimida pola Vicepresidenta terceira da Deputación e responsable da área de Turismo María José Vega Buján para que este verán o catamarán dos Robles non funcione.
Para José María González Barcia e Enrique Rozas, que a mediados do mes de xullo dende a Deputación de Lugo se asegure que un dos cataráns non funcionará porque non atoparon persoal debidamente titulado que estivera interesado neste posto, pon de manifesto a improvisación coa que se traballar na Administración provincial en xeral e na área de Turismo en particular.
Lembran os populares que durante a pasada Semana Santa a entidade provincial tamén desaproveitou o potencial económico e turístico que representan as viaxes en catamarán, tanto polo deficiente estado que presentaban as embarcacións como os propios pantaláns.
Suliñan neste senso que o GPPP denunciou o pasado mes de abril o lamentable estado no que se atopaba o catamarán ubicado na área dos Robles e agora, que aparecentemente o barco está reparado e en condicións de desenvolver a súa función, voltará a quedar parado por falta de piloto. Esto quere dicir que a inversión adicada a poñer a punto o barco non servirá de nada, que será un “despilfarro máis do bipartito provincial”.
En opinión de Barcia o que está a facer Vega Buján ó fronte da área de Turismo é un “despropósito maiúsculo” xa que está a “dilapidar” a boa herdanza que nesta materia recibira do anterior equipo de goberno da Deputación. Así, a estas alturas, por exemplo, non se sabe se a Deputación se vai a comprometer co Consorcio Turístico da Mariña nin que hai das “irrisorias” axudas que nesta materia se estaba previsto dar ós concellos
Enrique Rozas, pola súa banda, suliñou que a área dos Robles e o catamarán alí ubicado constitúen un dos polos de atracción turística do concello de Lugo e instou ó responsable local, ó rexidor López Orozco, a que tome cartas no asunto. Segundo indicou, “xa que o alcalde é tan dado a resolver cuestións que afectan a outras administracións e a facer turismo pode tamén actuar neste caso porque esta situación causa un importante perxuizo a Lugo”.






















O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



