Ribadeo, 26 de xuño de 2014.- O restaurante San Miguel, de Ribadeo, abre este venres a súa tasca de verán con terraza na que cociñará o prestixioso chef asturiano Carlos Martínez Abascal, que conta cunha ampla traxectoria profesional en restaurantes de Asturias e Madrid. E na planta alta do establecemento seguirán ofrecendo cociña de mercado e mariñeira elaborada por José Ramón Rodríguez.
O cociñeiro e copropietario do restaurante San Miguel, José Ramón Rodríguez, anunciou que na tasca de verán con terraza, que está na planta baixa do establecemento, “ofreceremos unha comida especial, ideal para tapeo, con arroces, mariscos e postres. Promocionaremos os viños de Galicia: albariños, mencías, godellos. Vamos intentar achegar o marisco a todo o mundo, cunhos prezos bastante asequibles e pratos como un arroz caldoso moi rico”.
José Ramón Rodríguez destacou que conta coa colaboración do chef asturiano Carlos Martínez Abascal, que “ven de Oviedo e ten unha longa traxectoria profesional. Tendrá de axudante a Ángel González, que é unha xove promesa da cociña”.
Carlos Martínez Abascal explicou que “básicamente imos ofrecer un tapeo para comidas e ceas, e incluso a media tarde para intentar que a xente disfrute coa gastronomía desta zona promocionando os peixes e mariscos da ría e desta costa, que son excelentes”. Entre os platos que van ofertar na tasca do San Miguel o cociñerio resaltou “pastel de centola con salsa tártara; unha ensalada de anchoas con aguacate, moi fresca e veraniega; estamos en temporada de bonito e servirémolo ben sexa como prato principal cun confitado de cebola e tomate ou unha ensaladiña de bonito cun allo branco”.
A ampla traxectoria profesional de Carlos Martínez Abascal comezou en Oviedo da man de Luis Gil Lus, no restaurante Casa Fermín, á vez que estudaba en Xixón. E para seguir formándose profesionalmente estivo en Francia e Bilbao. Posteriormente foise traballar a Madrid nos prestixiosos restaurantes Viridiana e Castillo de Javier. Despois voltou a Asturias, onde se dedicou á docencia e posteriormente estivo, ata hai un ano, como xefe de cociña do restaurante La Corrada del Obispo, de Oviedo.
Polo tanto o restaurante San Miguel ofrecerá a partir deste venres dúa alternativas diferentes para comer. As reservas poden facerse no propio establecemento, no porto deportivo de Ribadeo, ou chamando ó teléfono 982.129.717.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



