Os fondos europeos como recurso para impulsar o desenvolvemento dos concellos. Este foi o obxecto de análise na xornada formativa celebrada este venres na Deputación de Lugo coa participación de medio centenar de persoas baixo o título Preparación das entidades locais ante os novos programas de financiamento comunitario durante o período 2014-2020. “Queremos que as entidades locais aproveiten todas as posibilidades que ofrece o financiamento da Unión Europea dentro da nosa aposta pola máxima cooperación cos Concellos”, destacou Álvaro Santos na inauguración do encontro, un acto no que tamén participaron o director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, e o vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alfonso Villares.
Santos sinalou que os Concellos “ven moi mermada a súa capacidade de financiamento e investimento debido a crise económica que estamos a vivir, polo que na Deputación queremos que os Concellos aproveiten todas as posibilidades que ofrecen os fondos europeos; de aí a organización deste foro”. Santos tamén afirmou que resulta “de vital importancia que procuremos fontes alternativas de financiamento que nos axuden a impulsar a competitividade e o crecemento económico”.
O Deputado destacou neste sento que a institución luguesa executa dende o ano 2007 proxectos europeos por valor de máis de 42 millóns de euros “con resultados moi satisfactorios”. Estes xiran en torno a tres liñas de traballo, que segundo os expertos, son imprescindibles para frear a grave caída de habitantes que sofre a provincia. Trátase da creación de emprego, o impulso ó medio ambiente como oportunidade económica e o aproveitamento das vantaxes das novas tecnoloxías para favorecer o desenvolvemento da provincia. Ademais, na última convocatoria de 2011, a Deputación de Lugo foi a 5ª entidade local de toda España que máis fondos recibiu da Unión Europea.
Pola súa banda, o director da Fundación Galicia Europa resaltou o compromiso da Deputación de Lugo cos asuntos europeos, ó tempo que remarcou a aposta pola cohesión social da iniciativa Estratexia Europa 2020, que se desenvolve no “contexto do marco cambiante de Europa”. Neste senso, o vicepresidente da FEGAMP tamén fixo fincapé na cultura de cooperación, resaltando a importancia desta xornada, xa que “abre as portas da Unión Europea ás entidades locais”.
Xornada gratuíta
Esta convocatoria gratuíta abordou as pautas e recomendacións para conseguir que Galicia acade os obxectivos da Estratexia Europa 2020, que finca os seus piares básicos nun crecemento sostible e integrador de todos os países da Unión Europea. Neste ciclo, os asistentes puideron realizar consultas directas con dúas destacadas expertas na materia, que fixeron recomendacións para poñer en marcha iniciativas que atendan ós principios estratéxicos de crecemento comunitario de cara aos vindeiros 6 anos.
A directora xeral e a directora da zona norte da consultaría Econet S.L., Mayte Carracedo e Graciela Garrido, respectivamente, foron as encargadas de amosar, nas súas conferencias, algunhas fontes alternativas de financiamento para incentivar o crecemento económico. Para rematar, celebraron unha serie de reunións individuais, coas entidades que o solicitaran de antemán, para analizar as posibilidades de financiamento dos seus proxectos.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



