O pasado día un de xullo a Comunidade de Montes en Man Común de Burela, representada polo seu presidente, Pablo Pernas Chao, acudiu a Viveiro á reunión convocada polo Sr. Presidente da Diputación, José Ramón Gómez Besteiro, para falar sobre os presupostos da Deputación para 2015.
A Deputación non ten competencias en materia de política forestal, pero a Comunidade de Montes de Burela está implicada directamente no desenvolvemento do noso concello. Por iso, desde a Comunidade de Montes de Burela fixémoslle unha proposta ó Sr. Besteiro que pasa por impulsar e desenvolver polígonos industriais ou parques empresariais naqueles concellos nos que se plasme a súa necesidade, como medida que xenera emprego e asenta poboación.
En concreto, a Comunidade de Montes de Burela é consciente da necesidade dun parque empresarial na nosa localidade, entre outras cousas polo dinamismo socioeconómico do concello e porque seguimos aumentando poboación. E a petición que lle fixemos ó Sr. Besteiro está sustentada en datos que obran na propia Deputación, xa que nas previsións presupuestarias e de construcción de instalacións de polígonos industriais do ano 2006 da Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA), que depende do ente provincial, xa había un compromiso de investimento de seis millóns de euros en Burela, compromiso que se mantivo nos presupostos da Deputación ata 2011.
Agora que Burela conta por primeira vez cun Plano Xeral de Ordenación Municipal, no que hai dúas bolsas de solo industrial, cremos que a Deputación debe retomar de inmediato as previsións que no seu día se plantexou, porque Burela precisa dun polígono debidamente planificado e desenvolvido. E SUPLUSA é o órgano provincial competente para facelo, dado que tén medios humanos e recursos económicos.
Por outra banda, entendemos que se debe procurar que todas as peticións de asociacións que se formulen á Deputación en materia de axudas a comunidades veciñais deben ser atendidas, e facilitarlle ó mesmo tempo o acceso á información deste tipo de axudas e no seu caso a xustificación das mesmas.
Aínda que a reunión do pasado un de xullo nos pareceu constructiva e interesante, agardamos que a nosa proposta non caia en saco roto, e que o Sr. Besteiro teña a ben incluila nos presupostos da Deputación Provincial para o ano 2015. De non ser así, entenderíamos que a reunión foi un acto de cara á galería.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



