A Xunta de Goberno celebrada este venres aprobou a adxudicación do servizo para a prestación da iniciativa de deporte e actividade física saudable nos concellos da provincia de Lugo, un programa da área de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo, que se desenvolverá baixo o nome “Mo-vémonos”, e que suporá un investimento de 185.760 euros.
O programa dispón de dúas liñas diferenciadas de actuación, unha dirixida a asociacións de capacidades diferentes e a colectivos que traballen con persoas en risco de exclusión social, na que poderán participar entidades de tódolos concellos da provincia, e que ten como fin a integración social das persoas a través de actividades en grupo que garantan a mellora das capacidades de relación; e outra dirixida a asociacións do medio rural, para entidades sen ánimo de lucro de concellos de menos de 5000 habitantes. A actividade consiste en levar de xeito totalmente gratuíto un monitor o local social da asociación. Búscase chegar a localidades que pola pouca poboación, ou avellentamento ou a súa dispersión non dispoñen de medios para realizar actividades sociais.
A actividade é 100% gratuíta e está sufragada na súa totalidade pola Vicepresidencia Primeira, en ámbalas dúas liñas, para as cales se envía un monitor dous días a semana ao domicilio social da entidade ou lugar de celebración que ela elixa, recortando os custos de desprazamento dos usuarios; e coa que se pretende ofrecer unha actividade física non competitiva coa que se busca a integración social e conseguir unha mellora da saúde. O prazo para inscribirse remata o vindeiro 31 de xullo, e as inscricións poden formalizarse no enderezo electrónico deporte@deputacionlugo.org
Noutra orde de asuntos, Antonio Veiga, aproveitou a rolda de prensa para amosar a total solidariedade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co pobo palestino, “que está a sufrir unha auténtica tortura por parte dun Estado que se dedica a matar civís inocentes e destruír o pobo, e denunciar tamén a actitude que está a adoptar a Unión Europea e a Comunidade Internacional permanecendo impasibles ante o xenocidio que está a cometer o Estado de Israel”.
Filgueira Valverde
Asemade, o vicepresidente da Deputación fixo unha valoración do nomeamento de Filgueira Valverde por parte da Academia Galega para ser o próximo homenaxeado do Día das Letras Galegas. En palabras de Veiga, “calquera das outras candidaturas como Xela Arias Castaño, Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega ou Manuel María serían máis merecedoras desta distinción, posto que non é de recibo que unha figura como Filgueira Valverde, vinculada á ditadura Franquista, época de represión da nosa cultura e da nosa lingua, reciba tal homenaxe”.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



