Despois da inauguración do VII Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela co concerto de Amajazz Big Band o sábado 12 de xullo, o domingo 12 foron os mestres participantes neste seminario os que ofreceron un concerto.
Subíronse ó escenario Leo Giannetto (voz e guitarra), Harry C (violín), José Nine saxofón e frauta), Rubén Salvador (trompeta e fiscornio), Israel Arranz (vibráfono), Javier Constenla (piano), Quique Alvarado (baixo eléctrico), Miguel Cabana (batería), Roberto Pacheco e Bruno Valle (trombóns) e Mario Arranz (contrabaixo). Dous combos de alumnos e profesores remataron o concerto cunha jam sessión.
Este luns os rapaces poñerán música a Burela dende as 22.00 horas na praza de abastos e o martes será a quenda de Dani Juarez Quintet, un recoñecido saxofonista e o seu grupo que veñen dende Euskadi. O mércores Sumrrá ofrecerá un concerto no mesmo escenario á mesma hora.
Finalmente, o xoves 17 clausurarase o seminario co CONCERTO “SONSS DE ÁFRICA” onde colaborarán os grupos de batuko de Burela, RAVENTOLAS e BATUKO TABANKA. Será na Casa da Cultura ás 20.00 horas.