Organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, e con motivo do 25 de xullo, Día da Patria Galega, este xoves 24 de xullo tivo lugar no adro do Museo Provincial de Lugo unha lectura pública do Sempre en Galiza de Castelao, coincidindo co 70 aniversario da súa publicación na cidade de Bos Aires en 1944. Neste acto, no que participaron representantes do tecido asociativo lucense e persoas a título individual e que contou co acompañamento musical da Banda Municipal Xuvenil de Rábade e Begonte, o responsable da área de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, defendeu que “o 25 de Xullo é un día para sentírmonos orgullosos como pobo e para reivindicar os nosos dereitos como nación que somos”.
O acto comezou ás 12 do mediodía coa interpretación e polo atril ubicado na entrada ao Museo de Lugo foron pasando, entre outros, o músico Antón Castro, escritores como Isidro Novo ou Xoán Ramiro Cuba, artistas como Mónica Alonso, xornalistas como Fiz Jorquera, deportistas como a triatleta Alba Cuba e representantes de distintos colectivos e asociacións como Elvira Lombao da Federación de Pais e Nais dos centros de ensino de Lugo, Marisol Fernández do Clube Cultural Valle Inclán, Antón Somoza da Asociación Cultura do País, Lourdes Otero da Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Ínsua, Felipe Rivas da Plataforma de afectados polas Preferentes, Pepe Méndez da Asociación de Gaiteiros Galegos, Adela Figueroa da Asociación Ecoloxista Adega, e cidadáns que a título individual que quixeron ler fragmentos da obra de Castelao.
Mario Outeiro agradeceu a presenza de todos os participantes, “persoas que se sinten orgullosas de ser galegos e galegas, da nosa historia, da nosa lingua, da nosa cultura, fronte aos que traizoan a dignidade nacional de Galiza cada día desde institucións como a Xunta de Galiza, que desprezan o propio e impoñen o alleo, condenan ás galegas e galegos á miseria e á emigración”, denunciou.
O acto institucional da Deputación con motivo do Día da Patria pechouse coa interpretación do Himno Galego a cargo da Banda Municipal Xuvenil de Rábade e Begonte, acompañada da soprano Esperanza Iglesias, que tocaron tamén outras pezas como Negra Sombra ou Lela, con letra tamén de Castelao.
Obxectivo: consolidar a celebración
O responsable da área de Cultura da Deputación avanzou que a celebración en Lugo da “festa maior de Galiza”, como a definiu o 25 de Xullo o propio Castelao, se consolide. “Temos a sana aspiración de que a data do 24 de xuño quede dalgún xeito institucionalizada en vindeiros anos como a celebración do Día da Patria Galega en Lugo nas vésperas dunha data que todos os galegos e galegas debemos celebrar en Compostela”, dixo Mario Outeiro.
Os actos organizados pola Deputación lucense para celebrar esta semana o Día da Patria Galega incluíron ademais a proxección o martes da película Encallados e unha conferencia sobre O dereito a decidir e o Galeuzca a cargo do historiador e profesor xubilado da Universidade de Deusto Xosé Estévez, que tivo lugar onte no Refrectorio do Museo Provincial de Lugo.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



