Burela, 28 de xullo de 2014. Esta mañá foi asinada a acta de ocupación do solar no que se construirá a nova gardería de Burela. O alcalde, José Mª González Barcia, subliñou que as negociacións coa familia Farré sempre foron moi fluídas e que se non se chegou antes a un acordo foi porque o PXOM estaba pendente da súa aprobación definitiva.
O rexedor contou que “hoxe pola mañá, tal e como estaba previsto, asinamos a acta de ocupación do solar no que se vai construír a segunda escola infantil de Burela. Asistiron os dous propietarios da familia Farré: Emilio Farré e José Ramón Mosquera Farré e por parte do Concello asinamos o documento o secretario municipal, o técnico de obras e o alcalde. Ao mesmo tempo se procedeu ao pago de 90.000 euros aos propietarios, de tal forma que a finca pasa a ser de absoluta propiedade do Concello de Burela”.
González Barcia indicou que “o seguinte paso será a inscrición rexistral deste solar, que ten 2.200 metros cadrados e a partires de aí nosoutros lle comunicaremos á Xunta que xa lle ten á súa disposición estes terreos. Tamén se concederá mañá a licenza de obra nunha sesión extraordinaria da xunta de goberno, convocada a tal efecto, e tamén se trasladará comunicación ao goberno galego para que proceda, a través do Consorcio de Benestar e Servizos Sociais, a realizar os trámites pertinentes para a adxudicación da obra”.
O alcalde subliñou que “isto é un paso moi importante para nosoutros para conseguir ese obxectivo que nos tiñamos marcado para construír unha segunda gardería en Burela, que contará con 41 prazas. Somos conscientes, e nunca o negamos, que esta segunda escola infantil ten un custe económico para o Concello. Pero tamén sabemos e somos conscientes que é fundamental a presenza dun servizo público coma este no noso concello para garantir a posibilidade de conciliar a vida laboral e a familiar, asentar poboación en Burela e crear postos de traballo”. González Barcia manifestou que “estamos empeñados nesta idea, somos conscientes de que esta obra supón un esforzo moi importante para o Concello de Burela, pero precisamente a importancia radica na transcendencia que ten para que o día de mañá as familias poidan levar aos seus nenos a unha gardería, poida haber prazas para todos e non como ocorre agora, que na gardería actual as prazas están a tope, hai lista de espera e hai pais que non apuntan aos nenos porque saben que non van ter praza”.
O rexedor de Burela explicou que “os propietarios do solar que ocupará a gardería son membros dunha familia con grande raigame en Burela, dunha familia dunha enorme tradición histórica porque esta familia, de procedencia catalá, se asentou en Burela a finais do século XIX e principios do XX para traer actividade industrial á nosa vila. E ata hai unhas décadas, quince ou vinte anos, viñan por Burela con certa frecuencia. Nós estamos satisfeitos de cómo foron as negociacións coa familia Farré, xa que en todo momento foron fluídas. Se non se concretou antes a compra do terreo era porque o PXOM estaba sen aprobar de forma definitiva e tamén lles teño que recoñecer e agradecer a súa dispoñibilidade para que se puidésemos chegar a un acordo, que eu entendo que é beneficioso para as dúas partes”. Segundo González Barcia “eles mesmos manifestaron esta mañá que por Burela, tanto eles coma os seus antepasados, farían todo o que estivese nas súas mans. Para nós é unha dobre satisfacción: que persoas vinculadas a Burela sigan a pensar nesta vila en positivo e de cara ao futuro e tamén porque sentamos as bases do futuro de Burela para que 41 nenos teñan praza nunha nova gardería durante o curso 2015/2016”.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



