Lugo, 1 de agosto de 2014.- O programa ‘Cultura no Camiño’ enche de actividades durante o mes de agosto os concellos da provincia de Lugo incluídos nalgunha das rutas do Camiño de Santiago. Ata 34 representacións teatrais, musicais e outros espectáculos como a danza e a maxia se levarán a cabo durante o mes de agosto en 15 concellos da provincia de Lugo.
O programa, impulsado dende a Consellería de Educación, Cultura e Educación Universitaria xunto con Turismo de Galicia, conta tamén co patrocinio de Gadis para presentar un cartel que durante o mes de agosto dispón de 19 datas ocupadas por algunha actividade cultural na provincia lucense.
Así, este ciclo encadrado dentro da conmemoración do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela, comeza o seu desenvolvemento polo Camiño Norte, en concreto, no concello de Barreiros, mañá día 2. Ás 12.00 horas haberá unha sesión de teatro infantil a cargo do grupo de espectáculos Mircromina, no centro sociocultural Díaz Sampedro.
O día seguinte, domingo 3, o Camiño Primitivo tamén acollerá unha actuación. Será no centro sociocultural do Concello de Baleira, no que actuará a Banda da Balbina, que fará bailar a veciños e camiñantes.
CAMIÑO DO NORTE
| Municipio | Data | Lugar | Compañía/Espectáculo |
| Barreiros | 02/08/2014 | Centro Sociocultural M. Díaz San Pedro | Micromina: Martín Martín (teatro infantil) |
| Ribadeo | 08/08/2014 | Rúas de Ribadeo | O retrete de Dorian Gray: Ne me quitte pas (teatro) |
| 14/08/2014 | Rúas de Ribadeo | Panamesiana teatro: Oh, que bonito é Panamá! (teatro) | |
| 28/08/2014 | Auditorio Hernán Naval | Creacións máxicas Lirolai: Maxia de aquí e de acolá (teatro) | |
| Trabada | 09/08/2014 20:00 | Casa da Cultura | Creacións máxicas Lirolai: Onde está o mago Antón? (maxia) |
| Vilalba | 28/08/2014 12:00 | Praza da Constitución | Creacións máxicas Lirolai: Onde está o mago Antón?; Maxia de Preto; Maxia de aquí e de acolá. (maxia) |























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



