CADERNOS DA VIAXE. Xurdiron na Galicia varias iniciativas a prol da formación de candidaturas municipais de base ampla e plural e iniciativa máis cívico-social ca de coalición interpartidaria. Trátase dun proceso que hai que entender dende a crise das organizacións políticas, o fondo anovamento da axenda política que supuxo o abrollar do 15-M e doutros movementos sociais dende 2010, o suceso electoral de Podemos, a esixencia cidadá de transparencia e participacion e maís a punxente necesidade de pór en primeiro plano da axenda política actuacións sociais e económicas pensadas nos intereses das maiorías sociais. Deste xeito, xurdiron Marea Atlántica n’A Coruña e Somos Miñor na bisbarra que integra Gondomar, Nigrán e Baiona, mentres que un milleiro asinaban o manifesto “Somos maioría”, dirixido a toda Galicia.
Estas iniciativas van moito máis aló ca unha coalición multipartita. Hai, si, iniciativa partidaria, mais existe nomeadamente un pulo cidadán, que xurde da base e pretende adoptar as súas decisións e a escolla dos candidatos a medio de procedementos participativos e democráticos no canto de que estas decisións sexan adoptadas a medio de pactos entre as directivas dos distintos partidos e axentes. O que vai supór, probábelmente, pasarmos dunha cultura política representativa do século XX a unha participativa do século XXI.
O éxito destas propostas dependerá da súa capacidade para combinar esta rexeneración democrática coa eficacia comunicacional e cunha actitude inclusiva, aberta e plural. Dentro destas novas alternativas vai haber moita pluralidade. O que compre é quitar un mínimo común denominador, nomeadamente nos tres eixos que preocupan ás maiorías sociais: promoción do emprego de calidade ( unha economía para as persoas), a blindaxe do Estado do Benestar e a transparencia para arrincar a corrupción e garantir a boa gobernanza.
Canto ao galeguismo político, haberá afacerse a traballar con independentes e progresistas que partillen dese mínimo común denominador. Malia todo, compre entender estas iniciativas no País que xurden: Galicia. Entendelas dende os parámetros de Madrid, Logroño ou Salamanca seríía un grave erro. O mesmo que non contar cos bós alcaldes e alcaldesas que xa traballan decote a prol da maioría social.
Xoán Antón Pérez-Lema




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



