BURELA (FNC) .- Dez persoas de Burela participaron no I Certame Nacional de Alfombras Florais que se celebrou esta fin de semana en Castropol. A alfombra elaborada polos veciños Burela entre as 8 da mañá e a 1 do mediodía de onte domingo representaba os dous símbolos do concello: o faro e o torques. Despois houbo unha clausura oficial do Certame coas autoridades de cada concello e máis tarde unha comida para todos os alfombristas (o día antes, o sábado tamén houbo actos de recepción de todos os alfombristas e visitas). Neste I Certame Nacional de Alfombras Florais había representantes de Burela, Foz, Ponteareas, Castropol, La Orotava, Villa de Mazo en La Palma e unha delegación da Asociación de Alfombristas de Cataluña. A representación de Burela estivo acompañada polo concelleiro de Turismo, José González Legazpi e pola tenente de alcalde, Neves Cando.
O faro e o torques de Burela foi o traballo para o Certame Nacional de Alfombras Florais
O faro e o torques de Burela foi o traballo para o Certame Nacional de Alfombras Florais
Relacionado
-
Ana Miranda en Mondoñedo: “Para que o agro galego teña voz directa en Europa é indispensable que o BNG estea na Eurocámara”
-
O Alcalde de Ribadeo xestionou numerosas melloras para as parroquias na entrevista que mantivo coa nova conselleira de Medio Rural.
-
Muras prepara unha nova edición Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o vindeiro 25 de maio