Burela, 27 de agosto de 2014.- O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén e Galipizza&Cia oficializaron o acordo de patrocinio do equipo feminino da entidade burelesa para a tempada 2014/2015. O presidente do club, Manuel Blanco, e o xerente de Galipizza&Cia, José Manuel Vázquez referendaron a renovación do patrocinio que supón un gran impulso ao proxecto laranxa como indicou o presidente burelés que destacou “a aposta comprometida que realiza Galipizza co deporte en xeral e co Burela FS Pescados Rubén, en particular. Agradecemos enormemente a implicación co club que realiza Galipizza&Cia e esta renovación de patrocinio demostra que somos unha entidade que ofrece unha presenza e visibilidade rendible para as empresas”.
Pola súa banda, José Manuel Vázquez declarou que “é unha satisfacción para Galipizza&Cia formar parte do proxecto deportivo do CD Burela FS Pescados Rubén. Creemos que o deporte é unha fonte de valores positivos e asociarnos co Burela Pescados Rubén foi un gran acerto. A nosa imaxe de marca reforzouse co patrocinio do equipo feminino e é un orgullo renovar o acordo unha tempada máis”.
O universo Galipizza&Cia ampliou os seus horizontes este verán; ao locais de Viveiro, Ribadeo e Culleredo (A Coruña) sumou un máis na capital galega. Santiago de Compostela e os seus visitantes poderán gozar da Galipizza nun local innovador e inspirador para compartir historias mentres se deleitan co auténtico sabor de Galipizza. Situado na Avda. Liberdade 12-14, en Santa Marta, a Galipizza compostelana ofrece un ambiente teatral e distendido para gozar cunha boa conversación e unha sabrosa variedade culinaria para degustar o sabor auténtico de Galicia.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
