O Burela Pescados Rubén finaliza a pretempada cun duelo ante o Magna Navarra que se disputa en terras asturianas. O concello de Cangas do Narcea organiza, a través da súa concellería de deportes, o duelo amistoso entre galegos e navarros que tamén ten un obxectivo benéfico. A entrada será gratuita e recolleranse alimentos non perecederos que terán como destino os Servizos Sociais do concello asturiano. O pavillón municipal acollerá este duelo de dous equipos da Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala o vindeiro sábado día 6 de setembro, a partir das 18.30 horas.
Copa Galicia
O equipo feminino regresa á competición oficial co seu duelo de Copa Galicia ante o Valdetires FSF. O conxunto ferrolán visita Vista Alegre o vindeiro domingo día 7 de setembro, a partir das 18.00 horas.
Gala do Fútbol Sala da Federación Galega de Fútbol Sala
O día 5 de setembro, os canteiráns; Aarón Fernández e Mamadou Diouf, están invitados á Gala do Fútbol Sala que se celebra no Auditorio de Ourense, a partir das 20.00 horas, como membros da selección galega cadete que tan bos resultados colleitou na tempada pasada.
Calendario partidos fin de semana
Copa Galicia Feminina
CD Burela FS Pescados Rubén – Valdetires FSF
Data: 07/09/2014 Hora: 18.00
Lugar: Pavillón Vista Alegre de Burela
Amigable
CD Burela FS Pescados Rubén – Magna Navarra
Data: 06/09/2014 Hora: 18.30
Lugar: Pavillón municipal de Cangas do Narcea (Asturias)
Amigables: Troula Betanzos FS – CD Burela FS B Pescados Rubén
Data: 06/09/2014 Lugar: Pavillón municipal de Betanzos
Categoría senior
Troula Betanzos FS – CD Burela FS B Pescados Rubén. Hora: 16.30
Categoría Infantil
Troula Betanzos FS – ED Burela FS “A”. Hora: 18.30
Categoría cadete
Troula Betanzos FS – CD Burela FS Pescados Rubén “A”. Hora: 20.00






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
