Lugo, 10 de setembro de 2014.- Preto de 20.000 alumnos dos ciclos de Educación Infantil e Primaria incorporáronse este mércores aos centros educativos da provincia. O inicio do curso trae como principais novidades o avance do plurilingüismo e das novas tecnoloxías nas aulas, coa incorporación do libro dixital, e a aplicación da nova lei educativa en Primaria.
Así o sinalou a delegada territorial, Raquel Arias, durante unha visita ao CEIP A Ponte da capital lucense, onde destacou a normalidade coa que se produciu o regreso ás aulas dos 6.506 alumnos de Infantil e 13.443 alumnos de Primaria da provincia.
A delegada apuntou que se seguen a dar pasos importantes na introdución de ferramentas tecnolóxicas no ensino. Neste sentido, a representante do Executivo galego fixo referencia aos 11 centros da provincia de Lugo que disporán do libro electrónico, co que se desenvolverán os estudantes de quinto de Primaria.
En concreto, expuxo que os centros que contan con esta novidade para este curso 2014-15 son os CPIs de Navia, Castroverde, Friol e Guntín o CEIP Nº1 de Cervo e o de Quiroga, os centros educativos da Pontenova e Santa Rita de Galdo (Viveiro), así como os CEIPs Rosalía de Castro, Menéndez Pelayo e o propio da Ponte no que estivo esta mañá, estes tres últimos, da cidade lucense.
Crecemento da rede de centros plurilingües
Igualmente, Arias indicou que progresa o proceso de implantanción do plurilingüismo nas aulas, de forma que este ano créanse 28 seccións bilingües en diversos centros e hai seis colexios que se suman á lista de centros plurilingües existentes na provincia. “Increméntase nun 33% o número de centros plurilingües na provincia, que agora se sitúa en 24”, destacou a delegada.
Mentres, no caso das seccións bilingües, a subida permite que hoxe preto de 4.700 alumnas e alumnos de tódalas etapas educativas da provincia de Lugo se beneficien das posibilidades que ofrecen a formación en seccións bilingües, segundo afirmou Arias.
Ao respecto, a delegada subliñou o esforzo que está a realizar a Xunta de Galicia “para contar cun ensino público de calidade, modernizando infraestruturas, ferramentas e contidos para formar aos nosos nenos e nenas con cada vez máis competencias”.
Arias constatou que tanto o nivel de matrícula como o número de profesores reflicten datos que apenas varían con respecto ao ano pasado, e mantéñense igualmente o número de centros e de unidades, aínda que se redistribúen en función do alumnado. A delegada quixo agradecer “o traballo que está a realizar o profesorado, porque os recursos materiais son moi necesarios, pero a calidade do ensino só se alcanza coa implicación dos mestres e mestras”.
Así mesmo, Arias referiuse a que a Consellería de Cultura e Educación está a “cubrir as necesidades” do alumnado en tódolos centros da provincia. Así, segundo significou Arias, a ratio de alumnos por mestre na provincia “atópase moi por debaixo da que existe no contexto estatal”.
Neste sentido, o departamento educativo da Xunta de Galicia está a dar resposta de forma axeitada ás necesidades dos centros do rural da provincia de Lugo, onde “a proporción de alumnos por mestre é, en moitos casos, inferior incluso á existente no conxunto da provincia e, por suposto, á media galega”, agregou Arias.




















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



