Dende CIG Saúde A Mariña “esixen que se deixen de mentiras, de manipulacións, de falacias e que demostren que teñen vontade de ampliar o Hospital da Costa destinando unha partida económica executábel nos vindeiros orzamentos 2015 da Xunta para iniciar de xeito inmediato as tan prometidas obras de ampliación”.
Ante o anuncio de Núñez Feijóo da inminente ampliación do Hospital da Costa dende CIG Saúde A Mariña denuncian que “xa no ano 2009, recen chegado á presidencia da Xunta, anunciaba na festa da faba de Lourenzá que ía ampliar o Hospital da Costa. No ano 2012, logo das mobilizacións da poboación da Mariña en defensa de manter a xestión da sanidade da nosa Comarca, novamente anuncia a inmediata ampliación do noso Hospital cun único propósito, confundir á poboación e disolver as protestas”.
Lembran que tamén en abril de 2013, “volven facer campaña publicitaria de ampliación do Hospital da Costa, coa publicación no DOG.(19 de abril de 2013)da oferta da licitación do Plan Director que, ano e medio despois, apróbase no Consello da Xunta do 18 de setembro por un importe de 112.530€”.
Dende CIG Saúde “consideran que as declaracións de Feijóo en canto á aprobación no Consello da Xunta da licitación dun Plan Construtor e a inmediata ampliación do Hospital da Costa son un auténtico insulto e unha falta de respecto á veciñanza, xa que o único que se aprobou foi adxudicar a redacción do Plan Director”.
Dende a central nacionalista “aseveran que o Plan Director non é mais que un estudio das necesidades que en materia de sanidade ten a comarca da Mariña, e que para nada é garante de que se vaia ampliar o Hospital da Costa. De feito é o terceiro Plan Director que se executa ao longo da vida do centro sanitario sen que ningún culminase en ampliación”.
Dende CIG Saúde A Mariña denuncian “as mentiras de Feijóo en canto á súa preocupación e compromiso coa viabilidade económica da sanidade pública, xa que o seu verdadeiro compromiso é coa PRIVATIZACIÓN e acúsano de propaganda electoral que só busca enganar e manipular aos mariñaos e ás mariñássen o mais mínimo pudor, nun tema tan sensíbel como é a saúde”.
Para a central nacionalista no Partido Popular “o que están é comprometidos cos recortes, cos repagamentos, coa amortización de prazas no sistema público galego de saúde (destrúen 90 de cada 100 vacantes por xubilacións), medidas todas elas encamiñadas a deteriorar a sanidade pública cun único fin, PRIVATIZAR e entregar a empresas amigas, que buscan grandes beneficios, a nosa sanidade tal como están facendo co novo Hospital de Vigo, a ampliación do Hospital de Ourense, os servizos de mantemento, electromedicina, as unidades de esterilización, a central de compras…
“Este é o compromiso de Feijóo, entregar o noso patrimonio sanitario aos poderes económicos sedentos de lucro, facendo deste xeito insostíbel e inviábel o futuro da nosa sanidade pública”, aseveran.
Así mesmo, o delegado da CIG-Saúde A Mariña, Adolfo Corral, esixe que “se deixen de mentiras, de manipulacións, de falacias e que demostren que teñen vontade de ampliar o Hospital da Costa destinando unha partida económica executábel nos vindeiros orzamentos 2015 da Xunta para iniciar de xeito inmediato as tan prometidas obras de ampliación”.
En Burela a 12 de setembro de 2014.
























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



