RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, enviou sendos escritos á Consellería de Infraestructuras, Territorio e Medio Ambiente e a Begase para evitar que algunhas aves protexidas morran electrocutadas cando se apoian nos postes do tendido eléctrico. O rexedor contou que “as administracións públicas debemos actuar para que estas cousas non volten a producirse, e digo esto porque me pasou a min en primeira persoa, xa que indo á altura de Porto pola estrada N-624 de Ribadeo-A Veiga, poidemos ver varias persoas e máis eu como unha ave rapaz que tentaba emprender vó cando estaba pousada nunha liña eléctrica caía electrocutada por tocar as súas ás con outro cable. Como estábamos por alí cerca fumos ver como se atopaba, pero o máis grave e que vimos que había outra ave rapaz alí tamén morta, e previsiblemente electrocutada”.
Suárez Barcia dirixíuse “hai uns días tanto á compañía eléctrica (Begasa) como á Consellería de Medio Ambiente ás que lles enviei sendos escritos pedíndolles que tomen cartas no asunto para que estas situacións non volten a producirse. Haberá que realizar operacións de aislado dos cables e intervencións nos postes, pero son traballos doados e de pouco custe e cos que poderíamos conseguir que estas situacións non volten a darse, dado que o territorio de Ribadeo e especialmente o ámbito da ría forma parte da Reserva da Biosfera, do convenio internacional RAMSAR e está incluida na zona ZEPA (zona especial de protección de aves) e hai que tentar que esto non volte a producirse”.
O alcalde de Ribadeo agarda que a Xunta e Begasa actúen de inmediato para evitar que volten morrer aves electrocutadas.





















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



