Burela, 20 de outubro de 2014.- O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Diana Durán, acudiron este domingo á Casa da Cultura para participar no acto organizado pola asociación Esperanza de loita contra o cancro. Alí tamén se situou unha mesa informativa sobre esta enfermidade e houbo un concerto de Cánere Son. O Concello colabora con esta asociación na organización das súas actividades, “e recoñecemos o enorme esforzo que están a facer na programación de actos formativos e lúdicos nesta materia”, dixo o rexedor.
O Concello de Burela, nas actividades da Asociación Esperanza
O Concello de Burela, nas actividades da Asociación Esperanza
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación