Ribadeo, 22 de outubro de 2014.- Este mércores a praza de abastos de Ribadeo recuperou a súa actividade habitual. Fíxoo despois de levar varias semanas pechada polas obras de restauración de estrutura e pintado que se levan a cabo tanto no interior, coma no exterior do edificio. As obras continuarán nas vindeiras semanas, pero os praceiros xa poden desde hoxe volver vender os seus produtos nos postos habituais. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, acudiu á praza para ver como se leva a cabo esta volta á normalidade e aproveitou para avanzar que a reapertura do edificio se complementará con varias accións promocionais impulsadas pola Área de Desenvolvemento Local do Concello. Entre elas destaca a posta en marcha nos vindeiros días dunha campaña no Facebook do Mercado de Abastos de Ribadeo. A través dela, tódolos veciños que se fagan seguidores desta páxina poderán optar ao sorteo de 400 euros en bonos de compra para ser usados na propia praza. Ademais, o Concello impulsará nas fins de semana dous obradoiros infantís nos que os máis pequenos poderán coñecer o mercado por dentro e participar no sorteo dunha bicicleta.
O rexedor anunciou que “despois destes días de obras, aquí na praza de abastos de Ribadeo, e onde por certo continúan os traballos de mellora pola súa parte exterior, hoxe por fin volven os praceiros aos seus postos neste día de mercado semanal dos mércores. Volven os praceiros a vender os seus produtos do mar e do campo, os produtos de primeira calidade e ao mesmo tempo, durante estes días, que dalgunha maneira foron vacacións forzadas para eles, estiveron actualizando coñecementos que lles estivemos dando a través duns programas formativos de fidelización do cliente e de novas formas de comercialización. E a partir de agora, aínda que as obras de pintado e estrutura aínda seguen durante unhas semanas máis, vamos desenvolver paralelamente unha campaña de promoción on-line e off-line sobre os valores da praza e a importancia de consumir en local. Facémolo en liña con outras campañas nas que xa vimos apostando dende a Área de Desenvolvemento Local, e contando neste caso coa axuda importante económica da Dirección Xeral de Comercio da Xunta”.
Suárez Barcia engadiu que “xa está nas redes sociais que a asociación de praceiros, que están aquí hoxe acompañándonos nesta reapertura, vai levar adiante unha campaña de promoción na que se van sortear uns 400 euros en vales de consumo para todas aquelas persoas que se animen a participar no facebook do mercado de abastos de Ribadeo. E tamén se van levar a cabo concursos de debuxo entre os máis pequenos onde ademais haberá un sorteo dunha bicicleta. Dentro destas actividades para os máis pequenos, de cara a fomentar entre eles os hábitos de consumo saudables e a importancia de consumir en local que pretendemos, imos celebrar dous obradoiros”.
Fernando Suárez especificou que “o primeiro será o próximo fin de semana, o 25 de outubro. Teremos un obradoiro que chamamos O Mercado dos Nenos, onde os participantes van coñecer o mercado, os seus profesionais e os postos por dentro. Os nenos farán de reporteiros e de cámaras e gravarán uns vídeos dende o punto de vista dos máis pequenos. Logo o día 8 de novembro haberá outro novo obradoiro que se chama Construíndo o noso Mercado, onde os máis pequenos participantes van construír unha maqueta na praza na que se van dar a coñecer os produtos e os vínculos existentes entre o comercio e o desenvolvemento local. E finalmente o 29 de outubro, vaise presentar un vídeo promocional aquí na praza baixo o título Na praza sabemos o que vendemos. Con el incidiremos nesta idea de consumir en local pola calidade, a proximidade e a profesionalidade dos produtos e dos profesionais da horta, do mar e do campo”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



