Os deputados socialistas galegos no Congreso rexistraron unha Proposición non de Lei coa que instan ao Goberno a que, na modificación do Real Decreto que establecerá as condicións de contratación no sector lácteo, se inclúa “a obriga efectiva de formalizar contratos cos produtores por parte das industrias”, así como “que a duración dos contratos sexa obrigatoriamente de dous anos”.
A iniciativa dos socialistas galegos contempla ademais expresamente “que se garanta a recollida de todo o leite producido en Galicia e no resto de Comunidades Autónomas” e “que a figura do mediador de contratos sexa obrigatoria e verdadeiramente efectiva”.
A deputada socialista lucense Margarita Pérez Herraiz, promotora desta Proposición non de Lei, defende que “Galicia debería liderar o sector lácteo nacional, dado que ten máis do 40% da produción de leite do Estado e máis da metade dos produtores”.
Non obstante, denuncia que “a situación do sector lácteo en Galicia é moi preocupante” e sinala que “Galicia está a sufrir circunstancias que impiden que os produtores e produtoras galegos teñan a posibilidade de competir en igualdade de condicións que o resto de produtores europeos”. Como exemplo destas circunstancias, a deputada socialista cita a baixada de prezos en orixe, a ameaza de pagamento de supertaxa por exceso de produción e a existencia de máis de 7.000 explotacións sen contrato ou con contrato de duración non superior a tres meses.
Por iso, os deputados socialistas galegos piden ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio “que teña en conta as especiais circunstancias e condicións do sector lácteo en Galicia coa modificación do Real Decreto 1363/2012” e aprobe a Proposición non de Lei que acaban de rexistrar na Cámara Baixa.
Os socialistas galegos defenden que “a figura do mediador debe ser obrigatoria, con facultades reais de arbitraxe e sanción, – e non opcional como pretende o Ministerio- pois é un elemento imprescindible para que exista equilibrio nas relacións entre gandeiros e industria”.
Para garantir ese equilibrio, reclaman así mesmo a obrigatoriedade de formalizar contratos entre produtores e industria por un período de dous anos “para garantir unha mínima estabilidade no primeiro período de desaparición do sistema de cota láctea e que os prezos teñan como referencia parámetros obxectivos” -indican.
Apuntan que “a desaparición do sistema de cotas situará a Galicia nunha posición aínda máis difícil porque a recollida do leite non estará garantida” e, por iso, a Proposición non de Lei do PSOE recolle concretamente “que se garanta a recollida de todo o leite producido en Galicia”
Pérez Herráiz critica que “a ausencia de acción política do Goberno do PP ten devolvo ao sector á situación de debilidade que tivo hai un ano e medio ao non aproveitar o momento de prezos equiparables ao resto de Europa para tomar decisións políticas e normativas para protexer os produtores cando as condicións do mercado internacional non fosen tan favorables”.
“O sector necesitaba, e segue necesitando -remarca- que o Goberno tome iniciativas políticas que acheguen solucións, máxime cando o propio Goberno recoñece o fracaso do paquete lácteo,”
A deputada socialista espera polo tanto que o PP aprobe esta iniciativa “fundamental para Galicia e para o sector lácteo” e recorda que os socialistas galegos presentaron así mesmo iniciativas deste tipo no Parlamento de Galicia.
Emendas aos PGE 2015 con Plans de apoio ao sector lácteo
Así mesmo, esta tarde na Comisión de Presupostos do Congreso debateranse as emendas que o PSOE presentou aos Presupostos Xerais do Estado 2015 para apoiar ao sector lácteo.
Os socialistas piden ao Goberno que habilite unha partida de 25 millóns de euros para un Plan que Axudas ao Sector Lácteo que permita superar a crise pola que atravesa. Trátase de axudas nacionais que serían complementarias ás que poidan recibirse da UE.
Ademais, o PSOE reclama que o Goberno aprobe, no primeiro trimestre do ano 2015, un Plan de medidas de apoio ao sector lácteo que actualice o Real Decreto 1363/2012 que desenvolve o paquete lácteo “que inclúa novas medidas que garantan a supervivencia do sector, incluído un Plan, acordado coas CCAA, de xestión do sistema de cota láctea que permita o control das consecuencias da súa desaparición,”. Con este Plan os socialistas pretenden dar resposta ás necesidades do sector lácteo “con forte tradición en determinadas CCAA como as da cornixa Cantábrica (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco), así como as Illas Baleares ou Castela e León.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



