O vindeiro 8 de novembro, Espazo Ecosocialista organiza a súa conferencia política centrada no desenvolvemento de alternativas nos Concellos. O lugar será o Pazo da Peregrina en Bertamiráns (Ames). As xornadas comezarán cunha Mesa Redonda sobre cidadanía e cambio nos concellos, na que contaremos con representantes de distintas plataformas que están a constituirse en alternativa en concellos do país. Así, teremos representantes da Marea Atlántica, de Ames Novo e da AER de Redondela; xunto coa participación de Fabio González, Portavoz de EKI-Iratzarri e Alex Mañas, Concelleiro en Badalona e portavoz de ICV na deputación de Barcelona.
Pola tarde desenvolveremos 3 seminarios: Municipalismo e ordenación territorial, Orzamentos participativos e remunicipalización de Servizos e Sustentabilidade e Urbanismo nos que contaremos con Martiño Noriega, alcalde de Teo, Alex Mañas, concelleiro en Badalona, Daniel Beiras, arquitecto e redactor de planeamentos municipais en concellos costeiros e Manuel Hermo e Xose Manuel Penela, funcionarios dos concellos de Vigo e Redondela respectivamente, entre outros.
As xornadas rematarán cun plenario para debater as conclusións.
CONFERENCIA POLÍTICA de ESPAZO ECOSOCIALISTA sobre a CONSTRUCIÓN DE ALTERNATIVAS NOS CONCELLOS
Pazo da Peregrina. Bertamiráns-Ames 08.11.2014
11,00 horas.- Chegada e recepción das persoas participantes.
11,30 a 13,30 horas.- Mesa Redonda sobre cidadanía e cambio nos concellos
Interveñen:
– Representante de AER-Redondela
– Iago Martínez, representante da Marea Atlántica
– Quique Costas, coordinador de Ames Novo
– Fabio González, portavoz de EKI-Irratzarri
– Alex Mañas. concelleiro en Badalona e portavoz de ICV na deputación de Barcelona
– Bernardo Lorenzo. Vicecoordinador de Política Municipal de Espazo
14,00 a 16,00 horas.- Xantar
16,30 a 18,00 horas.- Seminarios
– Seminario A: Municipalismo e ordenación territorial
(Relatorios: Alex Mañas, portavoz de ICV na deputación de Barcelona; e Martiño Noriega, alcalde de Teo e coordinador de Anova)
– Seminario B: Sustentabilidade e Urbanismo
(Relatorios: Xan Duro, activista ecoloxista e membro do ECN de Espazo; e Daniel Beiras, arquitecto e redactor de planeamento municipal en concellos costeiros)
– Seminario C: Orzamentos participativos e remunicipalización de Servizos
(Relatorios: Manuel Xosé Penela, funcionario do concello de Vigo; e Manuel Hermo, funcionario do concello de Porriño)
18,00 a 19,00 horas.- Pleno. Conclusións e Resolución.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



