Con motivo dos cambios que se teñen que facer nos 4 reemisores de televisión de propiedade municipal –na Tora en Covas, Area en Faro, Landrove e Escourido- o Ministerio de Industria a través da Xunta de Galicia subvenciona con axudas por valor de 19 millóns de euros ás comuidades de propietarios que teñan instalado un sistema de antena colectiva ou unha centralita programable.
O Partido Popular de Viveiro quere agradecer á Xunta de Galicia, que como complemento ás axudas ós particulares, lle concede , a través da Secretaría Xeral de Medios ó Concello de Viveiro unha axuda económica por importe de 7.031,39 euros -sin IVA- así como o asesoramento técnico dun enxeñeiro de telecomunicacións para realizar os cambios necesarios nos reemisores citados.
O Grupo Municipal do PP , atendendo as demandas dos veciños dalgunhas zonas das parroquias de Covas, Celeiro, Escourido, Area-Faro, San Pedro, Landrove e Galdo, instou o goberno local en numerosas ocasións ó longo destes anos, a dar solucións á falta dalgúns canais nestes reemisores de propiedade municipal, ante a falta de inversións económicas por parte do goberno socialista.
Celestino Garcia Paz
Concelleiro do Partido Popular de Viveiro



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



