Cervo, 17 de novembro de 2015. O portavoz municipal do BNG en Cervo anunciou a presentación de reclamacións e emendas contra o orzamento 2015 aprobado inicialmente polo grupo de goberno e pendente de aprobación definitiva unha vez s resolvan as reclamacións presentadas. Para o BNG estamos ante un orzamento que non atende as necesidades mais perentorias da veciñanza e sirve unicamente a intereses partidistas e dos propios membros do grupo de goberno. Intentando corrixir esta situación propoñen redistribuír mais 222.000 euros do gasto previsto con actuacións concretas que sirvan para mellorar as taxas de desemprego no concello, as políticas sociais e educativas reducindo o gasto do grupo de goberno, propaganda e contratacións con empresas externas.
O emprego ten que ser unha prioridade nun concello golpeado por sangrías laborais como a de Cerámicas de Sargadelos
O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, explicou que “un goberno responsábel debe atender as prioridades sociais e non mirar o seu propio beneficio” nun concello onde o número de persoas desempregadas sobe, cun porcentaxe maioritario de mulleres e nun contexto e idades difíciles para reintegrarse ao mundo laboral, o concello ten que esforzarse para buscar alternativas de emprego. O BNG propón elevar a cifra destinada a fomento do emprego nun 81% para realizar un estudo de mercado que identifique nichos de emprego, formación para a reciclaxe profesional, e instalacións para impulsar unha cooperativa laboral destinada a persoas desempregadas do concello de Cervo. Ademais propoñen destinar unha partida económica para dinamizar o pequeno comercio en San Cibrao.
76.000 euros máis para accións dirixidas a mellorar os servizo sociais do concello
Na política social propoñen incrementar o investimento social nun 27% para o Servizo de Axuda no Fogar que permita mellorar o servizo e evitar listas de agarda contratando mais persoal, aumentar a partida de emerxencia social elaborando un regulamento de acceso ao servizo que o faga mais democrático e transparente, contratar un persoa como técnica de educación familiar e por en funcionamento o servizo de Xantar sobre Rodas, aprobando un regulamento de acceso para aquelas persoas que o precisen.
25.000 euros máis para garantir a igualdade no acceso ao ensino público e evitar diferenzas sociais
Por último, desde o BNG, queren que o concello se involucre economicamente no financiamento de material escolar dotando unha partida económica de 25.000 euros, un 8,86% mais que na actualidade. Estúa lembrou que no concello de Cervo funcionou un sistema de préstamo de libros impulsado polo Bloque fai anos e que este goberno local descartou cando mais se precisa, “non se trata de solapar unhas axudas con outras, trátase de completar o que non hai”, afirmou o nacionalista.
As emendas do BNG “supoñen redistribuír un 4,26% do orzamento total de gasto para 2015, quitando alí onde é prescindíbel e poñendo onde se precisa”. Para Estúa non é de recibo que Cervo manteña cun gasto non inferior a 23.000 euros anuais un gabinete de prensa que está contratado para mantemento da páxina web que leva meses pechada e en construción. Da mesma maneira o gasto do grupo de goberno dispárase con tres dedicacións parciais, unha exclusiva e dúas encubertas por asistencias a Xuntas de Goberno.

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



