O Club Atletismo Lourenzá -trala súa presentación oficial o venres pasado- acudía ó día seguinte con practicamente a totalidade dos seus membros á carreira nocturna organizada por “Eon” a favor de cáritas:EON NIGHT RACE 2014.
A carreira reuniu un total de 521 atletas masculinos entre os cales Marcos, Gonzalo e Manolo conseguiron colocarse entre os 100 primeiros participantes (postos 31,59 e 96 respectivamente).
As rapazas do club, pola súa parte, participaron nun grupo de atletas que reunía 185 féminas onde os postos máis destacados correron a cargo de Marisa(23), Begoña Iglesias (75) e Begoña González (82).
Media maratón de montaña na Pontenova
Ó día seguinte Marcos, Graña e Gavín repetiron participación acudindo á media maratón de montaña da Pontenova xunto cos compañeiros Martín e Loli. Alí acadáronse postos moi interesantes coma o de Martín Pardiñas que entrou 10º en meta -quinto da categoría sénior- e Marcos que entrando no posto 17 da xeral remata tamén cun quinto posto na categoría “Veteranos A”.