Barreiros, 26 de novembro de 2014. O Concello pon en marcha dúas campañas solidarias para recoller alimentos e tamén xoguetes, segundo informa o alcalde, Alfonso Fuente Parga. Están organizadas polo departamento de Servizos Sociais, a través da Rede de Voluntariado Local, e en colaboración coa asociación VEA.
Barreiros conta cun banco de alimentos “coa finalidade de cubrir as necesidades básicas como a alimentación naquelas unidades de convivencia do noso concello que o precisen. Durante o que resta deste mes de novembro e en decembro recollerase comida non perecedoira a curto prazo e produtos básicos como xel, champú, pañais, etc”. As persoas interesadas en colaborar con esta campaña poder depositar a súa axuda nos CEIP de San Miguel de Reinante e de San Cosme de Barreiros, nos supermercados Eroski e Gadis e tamén no roupeiro municipal. Neste último caso só os venres en horario de 17:30 a 19:00 horas. O roupeiro municipal está situado no Teleclube de San Cosme.
Un ano máis coa chegada do Nadal o Concello pon en marcha a campaña Un neno, un xoguete para que ningún neno ou nena de Barreiros quede sen agasallos nesas datas. Aquelas persoas que queiran doar material escolar novo, contos infantís e xoguetes usados en bo estado e que non sexan bélicos poden dirixirse tamén os venres ao roupeiro municipal de 17:30 a 19:00 horas ata o día 19 de decembro. Desde os Servizos Sociais municipais lembran que “as familias interesadas en beneficiarse desta campaña deberán achegarse ata este departamento (xunto educadora familiar) os venres de 9 a 11 da mañá para formalizar as solicitudes correspondentes. Teñen tamén ata o 19 de decembro”.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



